Berke: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Mjbmrbot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ar, az, ca, de, en, eo, fi, fr, it, ja, ka, ko, mn, nl, no, pt, ru, sl, tr, uk, zh
Liña 19: Liña 19:


{{Seniw}}
{{Seniw}}

[[ar:بركة خان]]
[[az:Berkə xan]]
[[ca:Börke]]
[[de:Berke Khan]]
[[en:Berke]]
[[eo:Berke]]
[[fi:Berke-kaani]]
[[fr:Berké]]
[[it:Berke]]
[[ja:ベルケ]]
[[ka:ბერქა]]
[[ko:베르케 칸]]
[[mn:Бэрх]]
[[nl:Berke]]
[[no:Berke khan]]
[[pt:Berke]]
[[ru:Берке]]
[[sl:Berke]]
[[tr:Berke Han (Altınorda hanı)]]
[[uk:Берке]]
[[zh:别儿哥]]

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2010 ás 19:23

Berke Khan finado en 1266 foi un líder mongol da dinastía de Jochi, o primoxénito de Genghis Khan, gobernador do subkhanato da Horda de Ouro e o primeiro príncipe mongol en converterse ao Islam e declarar unha guerra aberta contra outra dinastía mongola.

Traxectoria

Baixo as ordes do seu irmán Batu Khan, participou na invasión mongola de Europa, arrasando Rusia, Polonia e Hungría e sometendo aos búgaros do Volga e os Kipchak.

Cando Güyük foi elixido Gran Khan contra a vontade de Batu, os exércitos de Berke tiveron que vixilar a banda Leste dos dominios do seu irmán.

Un derviche chamado Saif ud-Din que ía nunha caravana cara Bukhara, foi interrogado por Berke verbo da súa fe e converteuno nun convencido musulmán. O propio Berke convertiría ao seu irmán Turkh-timur

Xunto con Sartaq en 1251, e por encargo de Batu, encabezou o exército que protexeu a Mongke no seu traslado ao centro do Imperio para ser proclamado Gran Khan polo kurultai. O poderío e prestixio das súas tropas e as de Sartaq desprazaron á dinastía de Ögödei e Chagatai do poder mongol.

Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de Ulaghchi, gobernou con eficacia a Horda de Ouro. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por Daniel de Galitzia en 1259 e saqueou Polonia, Lituania, Bulgaria e a Tracia bizantina.

Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra os seu parente Hulagu Khan. Berke convertírase ao Islam e xurara vingarse do saqueo de Bagdad e da morte do Califa na campaña altamente destructiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu voltou do kurultai que elixiu a Khublai Khan como Gran Khan, dirixiuse cara o Cáucaso. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek (1262). O conflicto continuaría co fillo de Hulagu Abaqa.

O mundo enxergaba por primeira vez unha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Genghis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara o centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no Mediterráneo por parte do Ilkhanato de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongola e Europa, pola súa vez, comezaba a respirar.