Berke: Diferenzas entre revisións
Liña 17: | Liña 17: | ||
[[Categoría:Personalidades do Imperio Mongol]] |
[[Categoría:Personalidades do Imperio Mongol]] |
||
{{Seniw}} |
Revisión como estaba o 8 de decembro de 2010 ás 00:29
Berke Khan finado en 1266 foi un líder mongol da dinastía de Jochi, o primoxénito de Genghis Khan, gobernador do subkhanato da Horda de Ouro e o primeiro príncipe mongol en converterse ao Islam e declarar unha guerra aberta contra outra dinastía mongola.
Traxectoria
Baixo as ordes do seu irmán Batu Khan, participou na invasión mongola de Europa, arrasando Rusia, Polonia e Hungría e sometendo aos búgaros do Volga e os Kipchak.
Cando Güyük foi elixido Gran Khan contra a vontade de Batu, os exércitos de Berke tiveron que vixilar a banda Leste dos dominios do seu irmán.
Un derviche chamado Saif ud-Din que ía nunha caravana cara Bukhara, foi interrogado por Berke verbo da súa fe e converteuno nun convencido musulmán. O propio Berke convertiría ao seu irmán Turkh-timur
Xunto con Sartaq en 1251, e por encargo de Batu, encabezou o exército que protexeu a Mongke no seu traslado ao centro do Imperio para ser proclamado Gran Khan polo kurultai. O poderío e prestixio das súas tropas e as de Sartaq desprazaron á dinastía de Ögödei e Chagatai do poder mongol.
Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de Ulaghchi, gobernou con eficacia a Horda de Ouro. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por Daniel de Galitzia en 1259 e saqueou Polonia, Lituania, Bulgaria e a Tracia bizantina.
Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra os seu parente Hulagu Khan. Berke convertírase ao Islam e xurara vingarse do saqueo de Bagdad e a morte do Califa na campaña altamente destructiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu voltou do kurultai que elixiu a Kublai Khan como Gran Khan, dirixiuse cara o Cáucaso. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek (1262). O conflicto continuaría co fillo de Hulagu Abaqa.
O mundo enxergaba por primeira vez unha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Genghis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara o centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no Mediterráneo por parte do Ilkhanato de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongola e Europa, pola súa vez, comezaba a respirar.
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |