Berke: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Berke Khan''' finado en 1266 foi un líder mongol da dinastía de Jochi, o primoxénito de Genghis Khan, gobernador do subkhanato da Horda de Ouro e o primeiro pr..."
 
Liña 12: Liña 12:
Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de [[Ulaghchi]], gobernou con eficacia a [[Horda de Ouro]]. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por [[Daniel de Galitzia]] en [[1259]] e saqueou [[Polonia]], [[Lituania]], [[Bulgaria]] e a [[Tracia]] bizantina.
Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de [[Ulaghchi]], gobernou con eficacia a [[Horda de Ouro]]. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por [[Daniel de Galitzia]] en [[1259]] e saqueou [[Polonia]], [[Lituania]], [[Bulgaria]] e a [[Tracia]] bizantina.


Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra os seu parente [[Hulagu Khan]]. Berke convertírase ao [[Islam]] e xurara vingarse do saqueo de [[Bagdad]] e a morte do [[Califa]] na campaña altamente destructiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu voltou do ''kurultai'' que elixiu a [[Kublai Khan]] como [[Gran Khan]], dirixiuse cara o [[Cáucaso]]. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek ([[1262]]]). O mundo enxergaba por primeira vez unha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Genghis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara o centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no [[Mediterráneo]] por parte do [[Ilkhanato]] de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongola e Europa, pola súa vez comezaba a respirar.
Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra os seu parente [[Hulagu Khan]]. Berke convertírase ao [[Islam]] e xurara vingarse do saqueo de [[Bagdad]] e a morte do [[Califa]] na campaña altamente destructiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu voltou do ''kurultai'' que elixiu a [[Kublai Khan]] como [[Gran Khan]], dirixiuse cara o [[Cáucaso]]. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek ([[1262]]). O conflicto continuaría co fillo de Hulagu [[Abaqa]]. O mundo enxergaba por primeira vez unha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Genghis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara o centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no [[Mediterráneo]] por parte do [[Ilkhanato]] de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongola e Europa, pola súa vez, comezaba a respirar.


[[Categoría:Personalidades do Imperio Mongol]]
[[Categoría:Personalidades do Imperio Mongol]]

Revisión como estaba o 8 de decembro de 2010 ás 00:15

Berke Khan finado en 1266 foi un líder mongol da dinastía de Jochi, o primoxénito de Genghis Khan, gobernador do subkhanato da Horda de Ouro e o primeiro príncipe mongol en converterse ao Islam e declarar unha guerra aberta contra outra dinastía mongola.

Traxectoria

Baixo as ordes do seu irmán Batu Khan, participou na invasión mongola de Europa, arrasando Rusia, Polonia e Hungría e sometendo aos búgaros do Volga e os Kipchak.

Cando Güyük foi elixido Gran Khan contra a vontade de Batu, os exércitos de Berke tiveron que vixilar a banda Leste dos dominios do seu irmán.

Un derviche chamado Saif ud-Din que ía nunha caravana cara Bukhara, foi interrogado por Berke verbo da súa fe e converteuno nun convencido musulmán. O propio Berke convertiría ao seu irmán Turkh-timur

Xunto con Sartaq en 1251, e por encargo de Batu, encabezou o exército que protexeu a Mongke no seu traslado ao centro do Imperio para ser proclamado Gran Khan polo kurultai. O poderío e prestixio das súas tropas e as de Sartaq desprazaron á dinastía de Ögödei e Chagatai do poder mongol.

Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de Ulaghchi, gobernou con eficacia a Horda de Ouro. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por Daniel de Galitzia en 1259 e saqueou Polonia, Lituania, Bulgaria e a Tracia bizantina.

Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra os seu parente Hulagu Khan. Berke convertírase ao Islam e xurara vingarse do saqueo de Bagdad e a morte do Califa na campaña altamente destructiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu voltou do kurultai que elixiu a Kublai Khan como Gran Khan, dirixiuse cara o Cáucaso. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek (1262). O conflicto continuaría co fillo de Hulagu Abaqa. O mundo enxergaba por primeira vez unha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Genghis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara o centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no Mediterráneo por parte do Ilkhanato de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongola e Europa, pola súa vez, comezaba a respirar.