Tanzania: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m [r2.5.1] bot Engadido: ki:Tanzania
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Engadido: tt:Танзания
Liña 253: Liña 253:
[[tr:Tanzanya]]
[[tr:Tanzanya]]
[[ts:Tanzania]]
[[ts:Tanzania]]
[[tt:Танзания]]
[[tum:Tanzania]]
[[tum:Tanzania]]
[[tw:Tanzania]]
[[tw:Tanzania]]

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2010 ás 17:04

Modelo:Infobox País

Tanzania é un país da África Oriental, limitado ao norte por Uganda e por Quenia, ao leste polo Océano Índico, ao sur por Mozambique, por Malawi e por Zambia e ao oeste pola República Democrática do Congo (fronteira exclusivamente lacustre, através do Lago Tanganica), por Burundi e por Ruanda. O país inclúe tamén o arquipélago de Zanzíbar, no Índico. Capital: Dodoma.


Historia

A Tanzania foi unha colonia alemá desde a década de 1880 e 1919. Foi colonia britanica entre 1919 e 1961. Pouco despois da independencia, o Tanganhica e Zanzibar fundíranse para criar a nación da Tanzania, a 26 de abril de 1964. O rexime de partido único chegou a fin en 1995, ano en que se realizaron as primeiras eleccións democráticas no país desde a década de 1970.

Política

Tanganica (a parte continental da actual Tanzania) foi unha colonia alemá desde a década de 1880 ata 1919, cando foi entregada ao Reino Unido, a consecuencia da derrota da Alemaña na Primeira Guerra Mundial; Zanzíbar, a sua parte insular, era un sultanato independente, que se tornou un protectorado británico na mesma altura.

Tanganica tornouse independente o 13 de decembro do 1962 e, o 26 de abril de 1964, uniuse ao Zanzíbar para criar a República Unida da Tanzania. Dentro do acordo de unión, cando o Presidente da República é orixinario do continente, o Vicepresidente é un nativo de Zanzíbar.

O primeiro Presidente da Tanzania foi o "Mwalimu" Julius Nyerere, igualmente Presidente do partido Chama cha Mapinduzi (que significa "Partido da Independencia"). Nyerere, que se conservou no poder ata 1985, conduciu o país segundo unha política denominada "Socialismo Africano", internamente designada "Uxamaa", que significa "unidade" ou "familia", en KiSwahili.

O regime de partido único chegou ao fin en 1995, ano en que se realizaron as primeiras eleccións democráticas no país desde os anos 70.

Subdivisións

Tanzanía divídese en 26 rexións (mkoa), vinte e unha na parte continental e cinco en Zanzíbar (tres en Unguja, dúas en Pemba).

Zanzíbar e Tanganica manteñen sistemas legais distintos desde a súa federación, o que reportou varios problemas á xustiza deste país (por exemplo, é necesario pedir a extradición para enviar presos dunha zona a outra). Mentres que as leis vixentes en Tanganica son herdeiras das impostas polos colonos británicos, en Zanzíbar reciben unha forte influencia da Sharia ou Lei Islámica.

As rexións de Tanzania son: Arusha · Dar es Salaam · Dodoma · Iringa · Kagera · Kigoma · Kilimanjaro · Lindi · Manyara · Mara · Mbeya · Morogoro · Mtwara · Mwanza · Pemba Norte · Pemba Sur · Pwani · Rukwa · Ruvuma · Shinyanga · Singida · Tabora · Tanga · Zanzibar Central/Sur · Zanzibar Norte · Zanzibar Urbana/Oeste


Rexións de Tanzania.
Rexións de Tanzania.

Xeografía

A Tanzania é o 27° país do mundo en extensión territorial. É formado polos antigos territorios de Tanganica e Zanzíbar.

No noroeste o país é montañoso, e alí sitúase o Kilimanjaro, a máis alta montaña de África, co 5.895 metros de altitude. Ó norte e ó oeste están os Grandes Lagos africanos, o Lago Victoria (o máis extenso de África, na fronteira co Uganda) e o Lago Tanganica (o máis profundo de África, na fronteira coa República Democrática do Congo).

En Tanzania están dous importantes parques nacionais africanos, o Serengueti e o do Cráter de Ngorongoro.

Economía

Artigo principal: Economía de Tanzania.

Demografía

Cultura

Tópicos diversos

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Tanzania.

ak:Tanzania