Marco Claudio Tácito: Diferenzas entre revisións
Revisión |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
== Tácito == |
== Tácito == |
||
'''Marcus Claudius Tacitus''' nace |
'''Marcus Claudius Tacitus''' nace probablemente en [[Amitermo]] ([[Italia]]), no ano [[200]]. Era o decano do Senado, cando morre asasinado [[Aureliano]]. |
||
Ó morrer Aureliano, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en '''Tácito''' o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do [[275]]. |

Liña 7: | Liña 7: | ||
Home afable, íntegro e amante da [[literatura]], unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de [[Aureliano]], foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M.Annius Florianus, seu irmán, Prefecto da [[Garda Pretoriana]]. |

Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron [[ |
Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o [[Ponto]], a [[Capadocia]] e [[Cilicia]], poñéndose '''Tácito''' á fronte do seu exército da [[Tracia]], xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a voltar de novo as súas terras. Recibe por iso o título de ''Gothicus Maximus''. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do [[276]] debido a unhas febres segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán [[Floriano]], aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a [[Probo]] como novo emperador, que vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito. |
||
[[Category:Imperio romano]] |
[[Category:Imperio romano]] |
Revisión como estaba o 4 de agosto de 2006 ás 17:21
Tácito
Marcus Claudius Tacitus nace probablemente en Amitermo (Italia), no ano 200. Era o decano do Senado, cando morre asasinado Aureliano.
Ó morrer Aureliano, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en Tácito o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do 275.
Home afable, íntegro e amante da literatura, unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de Aureliano, foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M.Annius Florianus, seu irmán, Prefecto da Garda Pretoriana.
Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o Ponto, a Capadocia e Cilicia, poñéndose Tácito á fronte do seu exército da Tracia, xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a voltar de novo as súas terras. Recibe por iso o título de Gothicus Maximus. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do 276 debido a unhas febres segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán Floriano, aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a Probo como novo emperador, que vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.