Francisco Javier González Pérez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
out hom
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:
| youthclubs2 = [[Fabril Deportivo]]
| youthclubs2 = [[Fabril Deportivo]]
| years1 = 1988–2005
| years1 = 1988–2005
| clubs1 = [[Deportivo de La Coruña|RC Deportivo da Coruña]]
| clubs1 = [[Deportivo de La Coruña|Deportivo da Coruña]]
| caps1 = 549
| caps1 = 549
| goals1 = 57
| goals1 = 57

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2010 ás 23:43

Modelo:InfFut2 Francisco Javier González Pérez, máis coñecido como Fran, nado o 14 de xullo de 1969 en Carreira (Ribeira), é un ex futbolista galego.

Interior zurdo cun toque de balón excepcional e unha non menor visión de xogo, destaca sobre todo polos seus precisos centros dende a banda esquerda. Foi posiblemente o xogador galego máis destacado desde Luis Suárez.

Traxectoria

Comezou a súa carreira deportiva no equipo da súa vila natal, o Carreira CF até o ano 1986, no cal pasa ó Fabril Deportivo e posteriormente ó Deportivo da Coruña.

Fran foi cotizado polos grandes clubs españois: Real Madrid CF, co que asinou un precontrato que debería entrar en vigor na tempada 1995-96 e que Lendoiro recomprou a tempo por 260 millóns de pesetas; e FC Barcelona, onde Johan Cruyff ao final desa mesma tempada insistiu na súa fichaxe debida á súa afinidade co estilo de xogo do equipo culé, mais a intransixencia de Lendoiro a negociar o traspaso, a menos que pagasen os 2.000 millóns da súa cláusula, disuadiu ao club catalán de calquera intento de contratalo. A tempada 1995-96, con John Toshack no banco, foi persoal e colectivamente unha das peores para Fran. Por distintos motivos nunca chegou a render ao nivel que tiña afeitos aos seus seguidores, e ademais unha lesión pechoulle todas as portas, se tiña aberta algunha, de acudir á Eurocopa de Inglaterra. Foi operado do xeonllo esquerdo o 9 de maio de 1996, intervención que lle obriga estar tres meses de baixa. Nos anos seguintes os éxitos do Deportivo e de Fran continuaron chegando á culminación co título de liga logrado no ano 2000, ano en que Fran ademais foi convocado para a Eurocopa de Holanda e Bélxica.

Retirouse en xuño de 2005, tras 17 anos no primeiro equipo deportivista.

Palmarés

Véxase tamén

Ligazóns externas