Oficina do Censo dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m [r2.5.2] bot Engadido: mg:Biraom-panisan'i Etazonia; cambios estética
Liña 17: Liña 17:


== Ligazóns externas ==
== Ligazóns externas ==
*[http://www.census.gov/ Páxina Web oficial do Census Bureau]
* [http://www.census.gov/ Páxina Web oficial do Census Bureau]


[[Categoría:Demografía dos Estados Unidos]]
[[Categoría:Demografía dos Estados Unidos]]
Liña 39: Liña 39:
[[la:Civitatum Foederatarum Census Officium]]
[[la:Civitatum Foederatarum Census Officium]]
[[lt:Jungtinių Valstijų gyventojų surašymo biuras]]
[[lt:Jungtinių Valstijų gyventojų surašymo biuras]]
[[mg:Biraom-panisan'i Etazonia]]
[[nds:US-Zensusbüro]]
[[nds:US-Zensusbüro]]
[[nl:United States Census Bureau]]
[[nl:United States Census Bureau]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2010 ás 04:05

Selo oficial da Oficina do Censo dos Estados Unidos

A Oficina do Censo dos Estados Unidos (do inglés United States Census Bureau) é unha axencia estatal responsable do censo de Estados Unidos de América. O seu obxectivo é dar unha fonte de datos de calidade sobre a poboación dos Estados Unidos e a súa economía. En xuño do 2007 foi nomeado director da Oficina Steven Murdock.

Estas oficinas atópanse no Ministerio de Comercio onde se elaboran os estudos estatísticos, e é un departamento gobernamental dos Estados Unidos. É o equivalente ao INE español e ao INEGI mexicano.

Historia

Desde 1790 o censo é realizado pola Oficina do Censo dos Estados Unidos (logo da Revolución Americana). Desde entón houbo 21 censos federais. O último reconto foi no 2000, e o anterior en 1990. O próximo será no 2010. Con todo a oficina do censo realiza estimacións poboacionais entre reconto e reconto, de feito, na súa páxina web presume ter un contador poboacional en tempo real.

Desde 1902, o órgano oficial do empadroamento do goberno dos Estados Unidos son as oficinas do censo. A constitución dos Estados Unidos, establece que polo menos unha vez cada 10 anos, as oficinas do censo enumeren a poboación do país e de cada estado que o forma.

Organización estrutural e territorial

Cada oficina é dirixida por un director, asistido por un deputado director e persoal executivo do a asociación de directores.

A xefatura das oficinas do censo, están situadas no 4600 de Silver Hill Road, Suitland, Maryland. Hai oficinas filiais noutras 12 cidades: Boston, Nova York, Filadelfia, Detroit, Chicago, Kansas City, Seattle, Charlotte, Atlanta, Dallas, Denver, e Os Ánxeles. Estas oficinas adicionais utilízanse para facilitar os censos decenais.

A oficina do censo tamén dirixe o programa cooperativo do centro de información do censo (CIC-Census Information Centers), que implica a 47 organizacións non lucrativas nacionais, rexionais, e locais. O obxectivo do CIC é representar os intereses das comunidades desatendidas.

Ligazóns externas