A orixe do mundo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
cat máis específica
EmausBot (conversa | contribucións)
m [r2.6.4] bot Engadido: sh:L'Origine du monde
Liña 34: Liña 34:
[[pt:L'Origine du monde]]
[[pt:L'Origine du monde]]
[[ru:Происхождение мира (картина)]]
[[ru:Происхождение мира (картина)]]
[[sh:L'Origine du monde]]
[[sk:Pôvod sveta]]
[[sk:Pôvod sveta]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2010 ás 15:24

A orixe do mundo

A orixe do mundo, no orixinal francés L'origine du monde, é un cadro realizado por Gustave Courbet en 1866.

Características

É unha pintura ao óleo sobre lenzo, duns 55 centímetros por 46 centímetros, que representa en primeiro plano unha pube e o tronco espido dunha muller reclinada sobre as sabas dun leito e que ten as pernas separadas. A escala, o encadre e o punto de vista elixidos polo artista supuxeron unha radical novidade respecto a toda a tradición pictórica anterior, producindo no espectador unha forte impresión de sensualidade e erotismo. Hoxe atópase exposto no Museo de Orsay, en París.

Véxase tamén

Ligazóns externas