Estado de conservación: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m [r2.5.2] bot Engadido: la:Conservationis status |
m [r2.5.2] bot Modificado: la:Status conservationis |
||
Liña 73: | Liña 73: | ||
[[ja:保全状況]] |
[[ja:保全状況]] |
||
[[ko:멸종위기등급]] |
[[ko:멸종위기등급]] |
||
[[la: |
[[la:Status conservationis]] |
||
[[mk:Заштитен статус]] |
[[mk:Заштитен статус]] |
||
[[ml:പരിപാലനസ്ഥിതി]] |
[[ml:പരിപാലനസ്ഥിതി]] |
Revisión como estaba o 27 de novembro de 2010 ás 00:44
Estado de conservación fai referencia á dinámica das poboacións de determinada especie, ou taxon superior, dun ser vivo.
Xeralmente, a ameaza ás especies débese na actualidade á acción antrópica, sexa pola agricultura intensiva, a construción de cidades ou de estradas, centrais hidroeléctricas e outras obras.
O estudo das poboacións permite coñecer o seu estado de conservación, aínda que a protección delas depende de medidas de preservación que son tomadas polos poderes públicos ou, ás veces, por particulares.
Categorías
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais clasifica cada poboación en unha das seguintes nove categorías (a abreviatura que segue é, por convención, a da categoría en inglés):
Criterios de clasificación
- Tamaño da área de distribución: ampla en varios biomas / ampla en apenas un bioma / restrinxida a un bioma ou micro-rexión / restrinxida e microendémica
- Alteracións ambientais: hábitat natural con pouca acción antrópica / con moderada presión antrópica (como máximo estradas asfaltadas) / hábitat natural case totalmente destruído ou descaracterizado
- Amplitude de distribución: grande ocorrencia en ambientes secundarios / sobrevive en ambientes secundarios / ocorre en ambientes secundarios aínda que depende de poboacións en ambientes primarios / só ocorre en vexetación primaria
- Variación poboacional do taxon: é moi frecuente ao longo da súa área de distribución / é frecuente / é pouco frecuente / é raro
- Variación poboacional: poboadores estables ou crecentes / poboacións declinando a un ritmo lento / a un ritmo moderado / con acentuada redución