Carta de Atenas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
traducido de es:Carta de Atenas
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2010 ás 09:24

A Carta de Atenas é un manifesto urbanístico redactado no IV Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM) celebrado a bordo do Patris II en 1933 na ruta Marsella-Atenas-Marsella (o congreso non puido celebrarse en Moscova por problemas cos organizadores soviéticos) publicándose en 1942 por Le Corbusier.

A Carta de Atenas apuota por unha separación funcional dos lugares de residencia, lecer e traballo en oposición ó carácter e a densidade da ciudade tradicional. Neste tratado propónse a colocación dos edificios en amplias zonas verdes pouco densas. Estas ideas tiveron una gran influencia no planeamento das cidades europeas trala Segunda Guerra Mundial e no deseño de Brasilia.

Cidade

O problema da cidade abórdase dende a zonificación en función dos usos e necesidades da sociedade moderna, que serían:

  • Habitar
  • Circular
  • Traballar
  • Lecer

Vivenda

As ideas entorno á vivenda foron:

  • A vivenda debe ter primacía sobre o resto de usos.
  • A hixiene é fundamental no plantexamento das vivendas.
  • A relación vivenda/superficie ven determinada polas características do terreo en función do soleamento.
  • Evitar a disposición de viviendas ó longo das vías de comunicación.
  • A solución son vivendas en altura separadas entre elas a distancia necesaria para a construcción de grandes superficies verdes.

Véxase tamén

Ligazóns externas