Letizia Ortiz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 49: Liña 49:
[[Categoría:Personalidades do xornalismo]]
[[Categoría:Personalidades do xornalismo]]


[[ar:ليتيزيا أميرة أستورياس]]
[[ast:Letizia Ortiz]]
[[ast:Letizia Ortiz]]
[[bg:Летисия Ортис]]
[[bg:Летисия Ортис]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2010 ás 19:09

Letizia Ortiz

Letizia Ortiz Rocasolano, quen tras o seu casamento co herdeiro á coroa española pasou a ser coñecida como Princesa Letizia, nada en Oviedo o 15 de setembro de 1972, é unha xornalista e esposa do Príncipe de Asturias Filipe de Borbón. É, por tanto, a princesa herdeira consorte do Reino de España. Ten o tratamento de Alteza Real e os títulos nobiliarios de Princesa de Asturias, Girona e de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera, e señora de Balaguer. A súa primeira filla, a infanta Leonor de Borbón, é a segunda na sucesión á coroa. A segunda filla, a infanta Sofía de Borbón, é a terceira na liña sucesoria.

Traxectoria

Letizia é a filla maior do xornalista Jesús Ortiz Álvarez e da enfermeira e sindicalista Paloma Rocasolano Rodríguez. A parella, divorciada en 1999 tivo dúas fillas máis: Telma, unha economista que traballa para Médicos sen Fronteiras, e Érika, unha interiorista e deseñadora gráfica da produtora Globomedia que faleceu o 7 de febreiro de 2007 con 31 anos de idade. A avoa paterna de Letizia, Menchu Álvarez del Valle, foi locutora de radio en Asturias durante máis de 40 anos.

Estudios e formación como xornalista

Recibiu a Educación Xeral Básica no Colexio Público La Gesta de Oviedo, continuando os seus estudios no Instituto Alfonso II, á vez que recibía clases de ballet tres días por semana. Debido ó traballo do seu pai, toda a familia tivo que trasladarse a vivir á localidade de Rivas-Vaciamadrid (Madrid), co que Letizia, que contaba 15 anos, proseguiu a súa formación no Instituto Ramiro de Maeztu. É durante esta etapa cando comeza unha longa relación de parella co seu profesor de literatura, Alonso Guerrero Pérez.

Tras terminar o bacharelato, matriculouse na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en Ciencias da Información, rama de Xornalismo. Aínda na facultade, empezou a colaborar co xornal ABC e coa Axencia EFE, integrándose na área de política internacional desta durante o último ano de carreira. Máis tarde, entre 1992 e 1993, realizou prácticas como bolseira no xornal La Nueva España de Oviedo, adicándose ás áreas de economía, televisión e espectáculos. A continuación obtivo un máster en información audiovisual e viaxou a Guadalaxara (México) para comezar os seus estudios de doutorado (que non terminou) e traballar no xornal Siglo 21.

Voda civil e separación

En agosto de 1999, Letizia Ortiz e Alonso Guerrero (que fora profesor seu no instituto, xa casado anteriormente e con fillos) formalizaron o matrimonio civil en Almendralexo, Badaxoz, tras unha relación de parella de case dez anos. Porén, ó cabo dun ano a parella decidiu divorciarse. Ese mesmo ano (1999), os pais de Letizia tamén acordaran divorciarse.

Tralo divorcio conviviu co tamén xornalista e escritor David Tejera, relación que non chegou ó matrimonio.

Xornalismo en televisión

Letizia comezou a traballar en televisión en CNN+, unha canle privada de noticias do Grupo PRISA. Xunto a Marta Fernández estivo durante dous anos retransmitindo as novas na quenda matinal, que empezaba a súa emisión ás cinco da mañá. Tamén traballou na cadea estadounidense Bloomberg TV, outro canle privada, se ben especializada en economía, finanzas e mercados, con sede en España baixo a supervisión da Axencia EFE Televisión.

Incorporouse en 2001 a Televisión Española, onde se fixo cargo da presentación de Informe Semanal en verán, e posteriormente traballou co equipo de edición do Telexornal Segunda Edición, que acadaba audiencias de catro millóns de persoas a partir de 2003. Tamén presentou o Telexornal Matinal, os especiais sobre o euro que se ofreceron nos Telexornais de TVE, e foi enviada especial a diferentes puntos de todo o mundo para cubrir acontecementos de actualidade, como os atentados do 11 de setembro, o afundimento do Prestige ou a Invasión de Iraq de 2003. De feito, cubriu a información deste último evento mantendo xa unha relación en segredo co Príncipe de Asturias. Meses antes do anuncio de compromiso co Príncipe de Asturias, comeza a co-presentar o Telexornal con máis audiencia de TVE, a segunda edición.

Compromiso matrimonial co Príncipe de Asturias

Letizia Ortiz coñeceu ó Príncipe de Asturias nunha cea que Pedro Erquicia, director de Documentos TV, organizou na súa casa a mediados de 2002. A partir de entón comezaron unha relación, coñecida por moi poucos, que se consolidou na primeira metade de 2003. Nese momento, a Casa Real estableceu un plan estratéxico para que a relación non chegara ós medios de comunicación ata que fose oportuno. E non o foi ata o 1 de novembro de 2003, cando se anunciou por sorpresa o compromiso matrimonial da xornalista con Felipe de Borbón.

A petición de man produciuse o 6 de novembro, e a voda celebrouse un chuvioso 22 de maio de 2004 na Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid. Nese momento, Letizia Ortiz converteuse, de acordo co Real Decreto sobre Títulos e Denominacións da Coroa, en Princesa de Asturias e futura Raíña de España.

Descendencia

O 8 de maio de 2005 a Casa Real anunciou que os príncipes de Asturias esperaban o nacemento do seu primeiro descendente. Un día despois os príncipes de Asturias iniciaron unha visita oficial ás Illas Baleares, lugar oficial de descanso estival da Casa Real Española. Máis de 400 xornalistas retrataron o primeiro regalo para o futuro primoxénito da parella real, un conxunto de roupa para bebé e uns patucos, obsequio do Concello de Palma. O 31 de outubro de 2005, á 1.45 horas da mañá, Letizia deu a luz mediante cesárea a unha nena, Leonor, primoxénita do herdeiro do trono e segunda na liña sucesoria da Coroa española. O bautismo da mesma tivo lugar o 14 de xaneiro de 2006, sendo os seus padriños os reis de España. O bautismo realizouse no Pazo da Zarzuela, igual que o dos outros seis netos dos Reis.

O 25 de setembro de 2006 a Casa Real anunciaba que os príncipes de Asturias esperaban o nacemento dun segundo fillo para maio de 2007. O 27 de novembro de 2006 a Casa Real, nunha nota informativa a EFE, anunciou que o próximo fillo dos príncipes de Asturias, sería unha nena. É a primeira vez que a familia real española anuncia o sexo dun dos seus integrantes antes do seu nacemento. Finalmente Letizia Ortiz deu a luz, tamén mediante cesárea, á súa segunda filla, Sofía de Borbón, ás 16:50 da tarde do 29 de abril de 2007.

Curiosidades

  • Letizia Ortiz naceu no Sanatorio Miñor, actual sede da Fundación Gustavo Bueno de Oviedo.
  • Segundo a versión oficial, a letra Z do seu nome débese a que o funcionario que a inscribiu no Rexistro Civil negouse a inscribila simplemente como Leticia, alegando que debía ser María Leticia. O pai tivo que acudir ó bispado, onde lle certificaron que o nome era admisible ó existir una Madonna della Letizia en Italia, nome que copiou o funcionario literalmente e que quedou en Letizia por ese erro. Unha segunda versión sobre o seu nome sostén que o funcionario que a inscribiu era italiano, e por iso rexistrou o nome con Z. É probable tamén que os seus pais elixisen aposta un nome estranxeiro, a xulgar polos nomes das súas irmás.
  • Apaixonada do cine, actuou nunha curtametraxe, La llamada del Ángel.
  • Durante a súa estancia en México, foi musa do pintor cubano Waldo Saavedra en varias das súas obras. Unha delas incluíuse no libreto do disco Sueños líquidos de Maná. Nesa obra aparece seminúa, na auga e suxeitando un avión de papel ardendo.

Véxase tamén

Ligazóns externas