Embrión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ht:Abriyon
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: be:Эмбрыён
Liña 25: Liña 25:
[[ar:جنين]]
[[ar:جنين]]
[[arc:ܥܘܠܐ]]
[[arc:ܥܘܠܐ]]
[[be:Эмбрыён]]
[[bg:Ембрион]]
[[bg:Ембрион]]
[[bs:Zametak]]
[[bs:Zametak]]
Liña 41: Liña 42:
[[fr:Embryon]]
[[fr:Embryon]]
[[ga:Suth]]
[[ga:Suth]]
[[he:עובר#התפתחות עובר האדם]]
[[he:עובר#.D7.94.D7.AA.D7.A4.D7.AA.D7.97.D7.95.D7.AA_.D7.A2.D7.95.D7.91.D7.A8_.D7.94.D7.90.D7.93.D7.9D]]
[[hr:Zametak]]
[[hr:Zametak]]
[[ht:Abriyon]]
[[ht:Abriyon]]

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2010 ás 21:45

Un embrión é un organismo pluricelular que se atopa nas súas primeiras etapas de desenvolvemento. Nos organismos con reprodución sexual, a fusión do espermatozoide e do óvulo no proceso chamado fecundación, determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos os dous proxenitores.

Xusto despois da súa formación, o cigoto comeza un proceso de división, o cal produce un incremento do número de células, chamadas blastómeros. Logo diso iníciase un proceso de diferenciación celular que determinará a formación dos diferentes órganos e texidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final.

Perante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese.

Ao rematar o desenvolvemento embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu crecemento até o momento do parto.

Desenvolvemento embrionario na especie humana

Embrión humano ás 5 semanas de xestación (10 mm.).

O embarazo comeza cando un espermatozoide fecunda a un óvulo e fórmase un cigoto, proceso que ocorre no oviduto da muller (trompa de Falopio). O cigoto divídese primeiro en dúas células, posteriormente en catro, en oito, dezaseis, trinta e dúas, chegando ao cuarto día á mórula. O cigoto segue o seu camiño até implantarse no útero, entre 4 e 7 días despois da fecundación.

Trinta horas despois da concepción, o cigoto sufre a primeira división celular. O embrión, como se chama a partir dese momento, segue a se dividir a medida que percorre a trompa de Falopio. Implántase na parede uterina uns seis días despois da fecundación, cando xa se converteu nunha esfera de células cunha masa embrionaria discoidal. Na segunda semana comeza a formarse a placenta, que nutre ao embrión, formado xa por tres tipos de texido primordial: endodermo, ectodermo e mesodermo. No curso da terceira semana fórmase o tubo neural, precursor do sistema nervioso. Na cara dorsal do embrión comenzan a formarse masas de tecido muscular chamadas sómitas ou sómites, das que xorderán os principais órganos e glándulas. Os vasos sanguíneos e os primordios da cavidade dixestiva xurden cara ao final de esta semana. Cando remata o primeiro mes, xa comezaron a desenvolverse todos os órganos importantes. Os ollos son perceptibles, os brazos e as pernas comezan a aparecer e late por primeira vez un corazón de catro cavidades.

Perante ese proceso, comeza a segmentarse, no útero e alcanza o estadio de blástula. Certos trocos no blastocito determinan a diferenciación e a formación de dous macizos celulares: un interno, o embrioblasto, que orixina as estruturas propias do embrión, e outro externo, o trofoblasto que forma a placenta e os demais anexos embrionarios. O endometrio nútrese e pode recibir o blastocito e, unha vez alí, este entra en contacto cos vasos sanguíneos maternos. Do mesmo xeito, fórmase o cordón umbilical, que une o embrión á placenta.

Véxase tamén

Ligazóns externas