Afonso XII de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 70: Liña 70:
[[la:Alphonsus XII (rex Hispaniae)]]
[[la:Alphonsus XII (rex Hispaniae)]]
[[lv:Alfonso XII Burbons]]
[[lv:Alfonso XII Burbons]]
[[mk:Алфонсо XII Шпански]]
[[mk:Алфонсо XII (Шпанија)]]
[[mr:आल्फोन्सो तेरावा, स्पेन]]
[[mr:आल्फोन्सो तेरावा, स्पेन]]
[[nl:Alfons XII van Spanje]]
[[nl:Alfons XII van Spanje]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2010 ás 04:30

Afonso XII.

Afonso XII, O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Vida

Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola Revolución Gloriosa e foron obrigados a exiliarse, polo que se educa en diversas cidades europeas como París, Viena, etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868 - 70), o reinado de Amadeo I de Savoia e a Primeira República española (1873 - 1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).

O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o xeneral Sagasta.

En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaura a monarquía e o país arranxando as disputas internas, gañándose así o seu alcume de "Pacificador".

Tamén en 1876 aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a Guerra Carlista.

Afonso XII realizou en 1883, unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un brote de cólera en Aranxuez.

Pouco despois morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.

Matrimonio

Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns , filla dos duques de Montpensier, morrendo esta de tifo uns meses despois de casaren. Despois cásase con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con ela tivo tres fillos.

Fillos

  • María de las Mercedes (1880 - 1904), princesa de Asturias.
  • María Teresa (1882- 1912), infanta de España.

Véxase tamén


Predecesor:
Ningún
(Francisco Serrano,
Presidente da República)
 
Rei de España
 
1874 - 1885
Sucesor:
Afonso XIII