Río Texo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.
Liña 11: Liña 11:
}}
}}


O '''Texo''' (''Tajo'' en [[lingua castelá|español]]; ''Tejo'' en [[Lingua portuguesa|portugués]]) é o maior río da [[Península Ibérica]], á que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na [[Fuente de García]], na [[Sierra de Albarracín]], que pertenece aos [[Montes Universales]], [[Provincia de Teruel|Teruel]], a 1.593 m de altitude e desemboca no [[Océano Atlántico]] xunto a [[Lisboa]], formando un [[esteiro]] coñecido como o [[Mar da Palla]], no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.
O '''Texo''' (''Tajo'' en [[lingua castelá|español]]; ''Tejo'' en [[Lingua portuguesa|portugués]]) é o maior río da [[península Ibérica]], á que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na [[Fuente de García]], na [[Sierra de Albarracín]], que pertenece aos [[Montes Universales]], [[Provincia de Teruel|Teruel]], a 1.593 m de altitude e desemboca no [[Océano Atlántico]] xunto a [[Lisboa]], formando un [[esteiro]] coñecido como o [[Mar da Palla]], no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.


== Características ==
== Características ==
Liña 20: Liña 20:
Nas súas beiras érguense cidades españolas como [[Aranxuez]], [[Toledo]] e [[Talavera de la Reina]], e portuguesas como [[Abrantes]], [[Santarém, Portugal|Santarém]] e [[Lisboa]].
Nas súas beiras érguense cidades españolas como [[Aranxuez]], [[Toledo]] e [[Talavera de la Reina]], e portuguesas como [[Abrantes]], [[Santarém, Portugal|Santarém]] e [[Lisboa]].


A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da [[Península Ibérica]], con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de [[área metropolitana de Madrid|Madrid]] e [[Rexión de Lisboa|Lisboa]].
A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da [[península Ibérica]], con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de [[área metropolitana de Madrid|Madrid]] e [[Rexión de Lisboa|Lisboa]].


A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola'' Confederación Hidrográfica del Tajo'', organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O [[Trasvase Texo-Segura]] deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de [[España]].<ref>
A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola'' Confederación Hidrográfica del Tajo'', organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O [[Trasvase Texo-Segura]] deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de [[España]].<ref>

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2010 ás 01:14

Modelo:Rio

O Texo (Tajo en español; Tejo en portugués) é o maior río da península Ibérica, á que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Sierra de Albarracín, que pertenece aos Montes Universales, Teruel, a 1.593 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.

Características

Percorre unha lonxitude de 1.008 Km, deles 816 Km por territorio español,onde discorre por catro comunidades autónomas (Aragón, Castela-A Mancha, Madrid e Estremadura) e un total de seis provincias (Teruel, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Toledo e Cáceres).

Logo de formar fronteira entre España e Portugal ao longo de 47 km, entra neste último país.[1] Aquí percorre 145 km, a través das rexións tradicionais de Alto Alentexo, Ribatexo e Estremadura, nas que se integran os distritos de Portalegre, Santarém e Lisboa.

Nas súas beiras érguense cidades españolas como Aranxuez, Toledo e Talavera de la Reina, e portuguesas como Abrantes, Santarém e Lisboa.

A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da península Ibérica, con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de Madrid e Lisboa.

A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola Confederación Hidrográfica del Tajo, organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O Trasvase Texo-Segura deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de España.[2]

O seu curso alto está incluído dentro do Parque Natural do Alto Texo, na provincia de Guadalaxara. Tamén o seu curso medio-baixo está protexido legalmente, mediante o Parque Nacional de Monfragüe, localizado na provincia de Cáceres. Máis adiante atópase Parque Natural do Texo Internacional, entre a provincia de Cáceres e Portugal. Na súa desembocadura atópase a Reserva Natural do Estuario do Texo.

Os seus principais afluentes son: Xarama, Guadarrama, Alberche e Alagón, pola dereita; e Guadiela e Salor pola esquerda.

Galeria de imaxes

Notas

  1. O tramo de 47 km nos que o río delimita a fronteira entre España e Portugal é coñecido como Texo Internacional.
  2. Portal Auga (n/d). Portal Auga, ed. "¿Cómo funciona el trasvase Tajo-Segura?" (en castelá). Arquivado dende o orixinal o 2007. Consultado o 25 de novembro 2009. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA