Transilvanians: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 12: Liña 12:


==Compoñentes==
==Compoñentes==
*Almu Janeiro - Voz
*Irene Pérez - Voz
*Pabolo Muníz - Baixo
*Pabolo Muníz - Baixo
*Pedro Díaz - Guitarra & Reverb
*Pedro Díaz - Guitarra & Reverb

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2010 ás 23:54

Transilvanians é unha banda musical formada en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais, coma Siniestro Total, Skacha, Dakidarria ou Os Resentidos.

Entre as súas influencias está a música tradicional xamaicana, con estilos coma o ska, rocksteady, reggae ou a soul music, sen deixar de lado influencias rock and bluesR&B ou surf. Máis alá dos influxos musicais, achegan propostas culturais coma o xénero de terror, a serie B e a ciencia ficción.

O seu repertorio está formado por composicións propias e por versións de grupos coma The Skatalites, Jimmy Cliff, Phyllis Dillon, Joya Landis ou Barbara Lynn.

Participaron na edición de A polo ghit coa canción "Kingston Town / Santiago DC".

No ano 2006 gravaron de forma analóxica cinco cancións nos estudios Muu! de Vigo, editadas no nadal de ese mesmo ano, baixo o título de Transilvanians, en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records.

Despois da súa participación no disco tributo a Potato, e tras tocar en directo no 2009, no 2010 gravaron diversos temas en Studio Juan, editadas en dous traballos: un sinxelo en formato 7" editado por Liquidator Music chamado The Vault Of.., e o primeiro LP/CD: Vampire Lover, editado por ZombieJ.

Compoñentes

  • Irene Pérez - Voz
  • Pabolo Muníz - Baixo
  • Pedro Díaz - Guitarra & Reverb
  • Xabi Vieitez - Piano & Hammond
  • Javier F. Soto - Guitarra
  • Kino Little Cobra - Batería
  • J. Crossroad - Saxo Tenor
  • Antonio Rodríguez - Trombón
  • X. GDjazz - Trompeta

Discografía

  • Transilvanians CD/EP 7" - (Ejecutor Records/Zombie Jamboree, 2006)
  • The Vault Of.. SG 7" - (Liquidator Records, 2010)
  • Vampire Lover CD/LP - (ZombieJ Records, 2010)

Véxase tamén

Ligazóns externas