Godos: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: an:Godos |
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición. |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
== Invasións == |
== Invasións == |
||
Tralas invasións [[hunos|hunas]], os '''godos''' dividíronse en [[ostrogodos]], que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do [[Imperio Romano]] e acabaron formando un reino en [[Italia]]; e [[visigodos]], que saquearon [[Roma]] e tras isto lograron acordaron un ''foedus'' (pacto) co [[Imperio Romano]] que lles permitiu asentarse en [[Francia]], naquel momento chamada [[Galia]], e posteriormente, por causa dunha derrota contra os [[Francos]], fuxiron a [[Hispania]], onde crearon un reino que se extendía por case toda a [[ |
Tralas invasións [[hunos|hunas]], os '''godos''' dividíronse en [[ostrogodos]], que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do [[Imperio Romano]] e acabaron formando un reino en [[Italia]]; e [[visigodos]], que saquearon [[Roma]] e tras isto lograron acordaron un ''foedus'' (pacto) co [[Imperio Romano]] que lles permitiu asentarse en [[Francia]], naquel momento chamada [[Galia]], e posteriormente, por causa dunha derrota contra os [[Francos]], fuxiron a [[Hispania]], onde crearon un reino que se extendía por case toda a [[península Ibérica]]. |
||
As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos [[hunos]] e doutros pobos procedentes de [[Asia]] que nesta época invadiron [[Europa]]. |
As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos [[hunos]] e doutros pobos procedentes de [[Asia]] que nesta época invadiron [[Europa]]. |
Revisión como estaba o 18 de novembro de 2010 ás 00:14
- Para a parroquia homónima ver: Godos, Caldas de Reis.
Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.
Invasións
Tralas invasións hunas, os godos dividíronse en ostrogodos, que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do Imperio Romano e acabaron formando un reino en Italia; e visigodos, que saquearon Roma e tras isto lograron acordaron un foedus (pacto) co Imperio Romano que lles permitiu asentarse en Francia, naquel momento chamada Galia, e posteriormente, por causa dunha derrota contra os Francos, fuxiron a Hispania, onde crearon un reino que se extendía por case toda a península Ibérica.
As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos hunos e doutros pobos procedentes de Asia que nesta época invadiron Europa.
Relixión
A súa relixión era nun principio pagá, pero axiña se converteron ó cristianismo, e máis concretamente ó arianismo, herexía que posteriormente foi perseguida polo Imperio Romano. Por esta razón, ós romanos, católicos na súa enorme maioría (excepto en Siria e Exipto, onde a confesión máis importante era o monofisismo), os godos non lles tiñan en moita estima.
Antes de ser cristiáns, os godos causaban pánico ós seus inimigos, pois os prisioneiros que conseguían capturar eran sacrificados a diversos deuses, especialmente ó da guerra, Tyz.
Economía
O dos godos era un pobo agrícola e gandeiro. Sen embargo, unha vez que se asentaron nos territorios que previamente invadiran e conquistaran, se converteron na clase dominante, na nobreza, deixando a maioría dos traballos ós pobos conquistados. Non se mesturaron momentaneamente con estes pobos, senón que conformaron unha sociedade endogámica.