Anagnórise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 1638585 de 189.121.125.223 (conversa)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ru:Узнавание
Liña 13: Liña 13:
[[is:Kennsl]]
[[is:Kennsl]]
[[it:Agnizione]]
[[it:Agnizione]]
[[ru:Узнавание]]

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2010 ás 22:38

A anagnórise ou recoñecemento é un topos clásico da trama narrativa e, en particular, do teatro consistente en que un personaxe, após unha cadea máis ou menos complexa de vicisitudes, é recoñecido por outros (ou se dá conta el mesmo) na súa verdadeira identidade.

A anagnórise aparece mencionada na Poética de Aristóteles e foi moi usada na comedia latina e no teatro barroco (Tirso de Molina, Calderón de la Barca, Shakespeare). Un caso sería o de dous irmáns, separados por un naufraxio, que se atopan anos máis tarde, a punto de casar con alguén do contorno do outro. Edipo é un paradigma de recoñecemento tráxico, pois mata ao seu pai e casa coa súa nai.