María Madalena: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ga:Máire Mhaigdiléana
Liña 50: Liña 50:
[[fi:Magdalan Maria]]
[[fi:Magdalan Maria]]
[[fr:Marie de Magdala]]
[[fr:Marie de Magdala]]
[[ga:Máire Mhaigdiléana]]
[[he:מרים המגדלית]]
[[he:מרים המגדלית]]
[[hu:Mária Magdolna]]
[[hu:Mária Magdolna]]

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2010 ás 01:09

María Magdalena de Perugino c.1500

María Magdalena foi segundo os evanxeos sinópticos, o Evanxeo de Xoán e varios evanxeos apócrifos, entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de Xesús.

Discípula

As fontes afirman que Xesús de Nazareth expulsara dela sete demos (Mc 16,9). A cifra sete é sinónimo de plenitude o que é interpretado como unha enfermidade psicofísica aguda ou ben unha perversidade extrema[Cómpre referencia]. Unha ou outra, consonte a mentalidade de entón, consecuencia do pecado.

Tras a curación, foi unha das discípulas itinerantes que seguiron a Xesús por Galilea e Xudea, na súa predicación da boa noticia (evangelion) da chegada do Reino de Deus. Está en todas as relacións de mulleres seguidoras de Xesús. Isto ten chamado a atención dos eséxetas e historiadores, que salientan a singularidade para a época dun grupo de mulleres que seguían a un rabí itinerante.

Aparece tamén no momento da crucifixión, ao pé da cruz, cando Xesús foi abandonado de todos.

Finalmente, chama a atención o seu papel destacado na descuberta do sepulcro baleiro e na primeira aparición de Xesús resucitado, dado o nulo valor do testemuño dunha muller na sociedade daquel tempo. De feito os discípulos tomárono inicialmente como un delirio (Lc 24, 11). Isto foi utilizado nos primeiros séculos do cristianismo polos detractores da fe na resurrección. O filósofo platónico Celso (século II) no seu discurso verdadeiro contra os cristiáns descualifica unha fe que se basea no testemuño dunha muller histérica.

Todos estes factores fan que os especialistas entendan que é unha das figuras da primeira tradición cristiá cuxa historicidade semella mellor acreditada (criterio de dificultade e criterio de testemuño múltiple).

Identificación

Non está nada claro que sexa a prostituta dos evanxeos sinópticos que unxe a Xesús ante o escándalo dos fariseos, aínda que o sentir popular así a identificou. Existe tamén unha identificación non probada coa muller adúltera do Evanxeo de Xoán á que Xesús salva de morrer lapidada polos seus acusadores. Non falta quen defenda a plausibilidade destas teses debido á procedencia: Magdala, un lugar próximo ao lago de Xenesaret (Tiberíades) que era unha localidade fabril, destino maioritariamente masculino e, xa que logo, posible foco de prostitución. Ser muller de Magdala non debía se boa carta de presentación. De feito, unha das acusacións máis frecuentes a Xesús é a súa proximidade aos pecadores públicos (Mt 9,11). Pero isto non deixa de ser unha mera hipótese.

Apócrifos

No evanxeo apócrifo que leva o seu nome aparece discutindo con Pedro. O cal semella ciumento das revelacións particulares das que era depositaria.

No Evanxeo de Filipe, de contido gnóstico e escrito en lingua copta, dise que Xesús amábaa máis que todos os discípulos e que a miúdo a bicaba na boca. Algo que estimulou a fantasía nalgúns autores contemporáneos. Tamén neste evanxeo rivaliza con Pedro.

Consideración

As igrexas católica, ortodoxa, e as orientais siriaca, copta, armenia e etíope tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considéraa apóstolo dos apóstolos (Apostolorum Apostola), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a resurrección de Xesús.

Na historia da arte aparece como icona da pecadora arrepentida.