Francisco Javier González Pérez: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 41: | Liña 41: | ||
== Palmarés == |
== Palmarés == |
||
*'''[[Primeira división española|Liga de España]] (1)''': 1999 |
*'''[[Primeira división española|Liga de España]] (1)''': [[Primeira división española 1999/00|1999–00]]. |
||
*'''[[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] (2)''': |
*'''[[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] (2)''': 1994–95, 2001–02. |
||
*'''[[Supercopa de España de Fútbol|Supercopa de España]] (3)''': 1995, 2000, 2002. |
*'''[[Supercopa de España de Fútbol|Supercopa de España]] (3)''': 1995, 2000, 2002. |
||
Revisión como estaba o 15 de novembro de 2010 ás 23:19
Modelo:InfFut2 Francisco Javier González Pérez, máis coñecido como Fran, nado o 14 de xullo de 1969 en Carreira (Ribeira), é un ex futbolista galego.
Interior zurdo cun toque de balón excepcional e unha non menor visión de xogo, destaca sobre todo polos seus precisos centros dende a banda esquerda. Foi posiblemente o xogador galego máis destacado desde Luis Suárez.
Traxectoria
Comezou a súa carreira deportiva no equipo da súa vila natal, o Carreira CF até o ano 1986, no cal pasa ó Fabril Deportivo e posteriormente ó Deportivo da Coruña.
Fran foi cotizado polos grandes clubs españois: Real Madrid CF, co que asinou un precontrato que debería entrar en vigor na tempada 1995-96 e que Lendoiro recomprou a tempo por 260 millóns de pesetas; e FC Barcelona, onde Johan Cruyff ao final desa mesma tempada insistiu na súa fichaxe debida á súa afinidade co estilo de xogo do equipo culé, mais a intransixencia de Lendoiro a negociar o traspaso, a menos que pagasen os 2.000 millóns da súa cláusula, disuadiu ao club catalán de calquera intento de contratalo. A tempada 1995-96, con John Toshack no banco, foi persoal e colectivamente unha das peores para Fran. Por distintos motivos nunca chegou a render ao nivel que tiña afeitos aos seus seguidores, e ademais unha lesión pechoulle todas as portas, se tiña aberta algunha, de acudir á Eurocopa de Inglaterra. Foi operado do xeonllo esquerdo o 9 de maio de 1996, intervención que lle obriga estar tres meses de baixa. Nos anos seguintes os éxitos do Deportivo e de Fran continuaron chegando á culminación co título de liga logrado no ano 2000, ano en que Fran ademais foi convocado para a Eurocopa de Holanda e Bélxica.
Retirouse en xuño de 2005, tras 17 anos no primeiro equipo deportivista.
Palmarés
- Liga de España (1): 1999–00.
- Copa do Rei (2): 1994–95, 2001–02.
- Supercopa de España (3): 1995, 2000, 2002.