Escola Oficial de Idiomas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Eu engade unha ligazón atopado noutras páxinas sobre este tema
Cheluco (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 1735549. Flutence é Alan Smith Robertson (páxina na wikipedia castelan de Flutence) o autor do deseño e texto da páxina web que engade. E ademais di que a atopou por casualidade.
Liña 48: Liña 48:


==Ligazóns externas==
==Ligazóns externas==
*[http://www.eeooii.info EEOOII.info]: portal das Escuelas Oficiais de Idiomas
*[http://www.eeooii.net EEOOII.NET: portal das Escuelas Oficiais de Idiomas]
*[http://www.eeooii.net EEOOII.NET: portal das Escuelas Oficiais de Idiomas]
*[http://www.eeooiinet.com EEOOIINET.COM: Escolas Oficiais de Idiomas na Rede]
*[http://www.eeooiinet.com EEOOIINET.COM: Escolas Oficiais de Idiomas na Rede]

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2010 ás 18:43

En España, os estudos das Escolas Oficiais de Idiomas (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de deceembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:

  • Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
  • Ciclo Superior (2 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).

A Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade na Educación (B.O.E. 24 de decembro) modificou esta situación, adaptándoa ó actual esquema de tres niveis:

  • Nivel Básico
  • Nivel Intermedio
  • Nivel Avanzado

Os idiomas actualmente (2006) impartidos nas E.O.I. son os da lista que aparece a continuación, de acordo coa información que subministra o Ministerio de Educación, pero na práctica non se poden encontrar ensinanzas de todos estes idiomas en todas as E.O.I.

Poden inscribirse nas EOI as persoas que acabaran o primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria E.S.O. o equivalente (Graduado Escolar, Certificado de Escolaridade ou Certificado de Estudos Primarios), polo que as EOI ofrecen estudos non universitarios de lingua estranxeira para adolescentes e adultos. España é o único país da Unión Europea que dispón dunha institución de ensino público, que ademais outorga títulos oficiais ó acabar os estudos, con esta finalidade.

As Escolas Oficiais de Idiomas enfróntanse nestes momentos a diversos retos para mellorar e harmonizar as súas ensinanzas coas que se ofrecen noutras institucións europeas. Entre eses retos destacan:

A inexistencia dun marco normativo estable provocou numerosos problemas entre os usuarios matriculados nas Escolas Oficiais de Idiomas, xa que existen distintas normativas que non foron aprobadas e a pesar de iso están utilizándose como referencia para a matrículación dos alumnos (como no caso do Borrador de Decreto do Goberno Valenciano, utilizado como referencia para a transición entre os planos de estudos e a matriculación do alumnado).

En Galicia hai EOI nos concellos de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cedeira, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Vilagarcía e Ferrol.

Ligazóns externas