Exaculación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
EmausBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tr:Boşalma
Liña 56: Liña 56:
[[th:การหลั่งน้ำอสุจิ]]
[[th:การหลั่งน้ำอสุจิ]]
[[tl:Pagpapalabas na panlalaki]]
[[tl:Pagpapalabas na panlalaki]]
[[tr:Boşalma]]
[[uk:Сім'явиверження]]
[[uk:Сім'явиверження]]
[[vi:Xuất tinh]]
[[vi:Xuất tinh]]

Revisión como estaba o 12 de novembro de 2010 ás 13:24

Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina.
Ficheiro:Male anatomy.png
Pelve masculina e órganos reprodutores
Ficheiro:Sperm-path-to-ejaculation.gif
Camiño percorrido polo esperma na exaculación
Vídeo dunha exaculación

A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.

Características e datos relacionados

Está asociada á sensación de pracer extremo e adoita ser o estadio final e obxectivo final da estimulación sexual, e é un compoñente esencial da reprodución natural xa que permite fecundar á femia. Nalgúns casos raros a exaculación cáusaa unha enfermidade da próstata [Cómpre referencia]. A exaculación tamén pode acontecer espontaneamente durante o sono, é o que se coñece como polución nocturna. A anexaculación é a imposibilidade de exacular.