Cera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: gu:મીણ
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: am:ሰም
Liña 19: Liña 19:
[[Categoría:Lípidos]]
[[Categoría:Lípidos]]


[[am:ሰም]]
[[ar:شمع]]
[[ar:شمع]]
[[ast:Cera]]
[[ast:Cera]]

Revisión como estaba o 7 de novembro de 2010 ás 08:50

Cera de abellas

As ceras son ésteres dos ácidos graxos con alcohois de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por esterificación dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de abella. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a epiderme de foritos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de auga por evaporación nas plantas.

Rol biolóxico das Ceras

  • Protección: debido ó seu carácter altamente hidrófobo, repelen a auga, e a nivel orgánico recobren certos tecidos dándolles consistencia e protección fronte á acción exterior, como lubricantes ou impermeabilizantes en pel, pelo e plumas de animais (lanolina, secreción sebácea, cerume do conduto auditivo); en follas e foritos de plantas. (cutina)
  • Estrutural: as ceras frecuentemente se encontran formando cubertas protectoras e impermeabilizantes, normalmente recubrindo as partes aéreas das plantas, flores ou foritos para repeler os parasitos e axudar a conservar a auga do vexetal. Unha aplicación ben coñecida da cera é a formación dos panais das abellas.

Usos da cera

Utilizouse tradicionalmente para facer velas, para iluminación, de gran calidade; para encerar madeiras e coiro, como conservante; para encerar teas, impermeabilizándoas. En cosmética, en forma de cremas ou de ungüentos, debido ás súas propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes de moitos dos seus compoñentes. Outra aplicación cosmética é como depilatorio, xa que o vello se adhire a ela e é máis doado de retirar, inda que doloroso.

Na antigüidade empregábase para cerrar os ocos das fiestras en inverno.

A cera tamén é unha sustancia graxa segregada por glándulas polas abellas obreiras xoves. Con ela fan os panais e cerran as súas celas cando están cheas de mel.

Amais, é unha substancia amarelenta segregada por unha glándula que temos os seres humanos nos oídos.