Wikipedia:Filtro de abusos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m recat
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
Para propor algún novo filtro ou a modificación dalgún dos que xa funcionan, tes [[Conversa Wikipedia:Filtro de abusos|a páxina de conversa]].
Para propor algún novo filtro ou a modificación dalgún dos que xa funcionan, tes [[Conversa Wikipedia:Filtro de abusos|a páxina de conversa]].


[[Categoría:Wikipedia:Filtro de abusos]]
[[Categoría:Wikipedia:Filtro de abusos| ]]


[[ar:ويكيبيديا:مرشح الإساءة]]
[[ar:ويكيبيديا:مرشح الإساءة]]

Revisión como estaba o 6 de novembro de 2010 ás 12:23

Atallos:
WP:FA
WP:FILTRO

O filtro de abusos é unha ferramenta empregada para fixar uns controis específicos sobre a actividade dalgúns usuarios e crear unhas restricións automáticas para certos comportamentos.

A extensión do filtro de abusos foi desenvolvida por Werdna co apoio da Fundación Wikimedia. Na Wikipedia en inglés úsase desde marzo de 2009; na Galipedia activámolo en novembro de 2010.

Esta extensión permite aplicar filtros automáticos a todas as edicións. Pódense crear regras específicas que restrinxan certos cambios aos usuarios con menos edicións segundo coincidan con expresións regulares. As entradas dos rexistros son visibles publicamente, non así todos os filtros, que poden ser públicos ou privados; non obstante, cada filtro posúe un breve resumo do seu obxectivo, que se mostrará nos rexistros, na lista de filtros activos e en calquera mensaxe de erro xerada por este.

Cómpre ter tino á hora de introducir algún filtro de abusos na Wikipedia, xa que antes deben ser probados durante uns días no modo de "só rexistro" antes de permitirlle que leve a cabo as accións de "avisar", "impedir" ou "limitar". Tan só os administradores teñen a posibilidade de modificar calquera dos filtros.

Para propor algún novo filtro ou a modificación dalgún dos que xa funcionan, tes a páxina de conversa.