Bernart de Ventadorn: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m Bot: arranxo a ligazón obsoleta allmusic.com
Liña 34: Liña 34:
== Ligazóns externas ==
== Ligazóns externas ==
* [http://www.trobar.org/troubadours/bernart_de_ventadorn/ Obras completas]
* [http://www.trobar.org/troubadours/bernart_de_ventadorn/ Obras completas]
* [http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=41:575 Música editada]
* [http://www.allmusic.com/artist/q575 Música editada]


[[Categoría:Trobador|Ventadorn, Bernat de]]
[[Categoría:Trobador|Ventadorn, Bernat de]]

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2010 ás 13:07

Bernard de Ventadorn nun debuxo medieval

Bernart de Ventadorn (circa 1130-1145 - 1190-1200), tamén coñecido como Bernard de Ventadour, foi un popular trobador, compositor e poeta provenzal.

Biografía

Segundo o trobador Uc de Santo Circ (1217?-1253?), Bernart foi posibelmente fillo dun panadeiro no castelo de Ventadour (Ventadorn) en Corrèze, no Lemosín francés. Outra fonte, un poema satírico escrito por un contemporáneo máis novo, Peire d'Alvernha, indica que era fillo dun criado, un soldado ou un panadeiro, e súa mai tamén era criada ou panadeira. Da evidencia no poema xuvenil de Bernart, Lo temps vai e ven e vire, moi probabelmente aprendeu a arte de cantar e de escribir do seu protector, o vizconde Eble III de Ventadorn. Compuxo os seus primeiros poemas á esposa do seu patrón, Margarida de Turenne.

Forzado a deixar Ventadour despois de se namorar de Margarida, viaxou a Montluçon e a Toulouse, e seguiu eventualmente a Leonor de Aquitania a Inglaterra e á corte dos Plantagenet; a evidencia para esta asociación e estes percorridos ven principalmente dos seus propios poemas. Posteriormente Bernart volveu a Toulouse, onde Raimundo de Tolosa lle deu traballo; despois foi a Dordogne, onde entrou no mosteiro cisterciense de Dalon. Moi probabelmente morreu neste mosteiro.

Legado

Bernart é un caso único entre os compositores seculares do século XII pola cantidade da súa música que sobreviviu: das súas 45 composicións, 18 teñen a súa música intacta, unha circunstancia inusual para un trobador (a música dos trobadores en lingua de oil tivo unha probabilidade máis alta de sobrevivir, atribuída xeralmente a que eles sobreviviron á cruzada albixense, que dispersou os trobadores en lingua de oc e destruíu moitas das súas fontes). A súa obra data probablemente entre 1147 e 1180 e escribiu en provenzal. Bernart considérase con frecuencia a influencia máis importante no desenvolvemento da tradición dos trobadores no norte de Francia, porque que alí o coñecían ben, as súas melodías circularon extensamente e os primeiros compositores en lingua de oil imitárono. A maioría dos seus poemas son amorosos.

Diferenciase doutros autores da época pola maneira máis persoal de mostrar os seus sentimentos. O recoñecemento á súa obra chegou no romanticismo.

Extracto

Lo tems vai e ven e vire
Per jorns, per mes e per ans,
Et eu, las no.n sai que dire,
C'ades es us mos talans.
Ades es us e no.s muda,
C'una.n volh e.n ai volguda,
Don anc non aic jauzimen.

Pois ela no.n pert lo rire,
E me.n ven e dols e dans,
C'a tal joc m'a faih assire
Don ai lo peyor dos tans,
- C'aitals amors es perduda
Qu'es d'una part mantenguda -
Tro que fai acordamen...

Ligazóns externas