Ruy López de Segura: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Ruy López de Segura
Liña 194: Liña 194:
[[eo:Ruy López de Segura]]
[[eo:Ruy López de Segura]]
[[es:Ruy López de Segura]]
[[es:Ruy López de Segura]]
[[eu:Ruy López de Segura]]
[[fa:روی لوپس]]
[[fa:روی لوپس]]
[[fi:Ruy López de Segura]]
[[fi:Ruy López de Segura]]

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2010 ás 00:39


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xadrez é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.

Ruy López de Segura, nado en Zafra cara ao 1540 e falecido en Madrid cara ao 1580, foi un clérigo e xadrecista estremeño.

O seu tratado Libro de la invención liberal y arte del juego del Axedrez publicado en Alcalá de Henares en 1561 foi un dos primeiros libros de xadrez publicados en Europa. Moitos españois considérano o campión do mundo de xadrez máis antigo en Europa, sendo o seguinte Leonardo da Cutri en 1575.

Biografía

Rodrigo López de Segura naceu en Zafra seguramente en 1540 e morreu en Madrid cara a 1580, aínda que estas datas non son do todo seguras. Os seus pais eran mercadores acomodados, con casa e escudo na Praza Grande da localidade. Foi clérigo da parroquia da Candelaria en Zafra e máis tarde pasou á corte de Filipe II, en condición de confesor e conselleiro real. Considerado campión do mundo polo menos entre 1570 e 1575, cando foi derrotado por Leonardo dá Cutri.

Desde mozo Ruy López foi un namorado do xadrez e dise que un dos que máis influíu nel foi Damiano, quen publicara un libro en 1512 e que López estudou. En 1560 chegou a Roma por asuntos eclesiásticos e alí derrotou aos mellores xadrecistas italianos. Repetiu a súa fazaña en 1573 durante o pontificado de Gregorio XIII e é importante sinalar que Italia era por esa época o máis importante centro xadrecístico de Europa, especialmente Roma. Vencera dúas veces a Leonardo da Cutri, e era considerado o mellor xogador do mundo. Emulando a Damiano escribiu o seu libro Libro de la invención liberal y arte del juego del ajedrez, muy útil y provechosa para los que de nuevo quisieren depreder a jugarlo, como para los que ya lo saben jugar, publicado en Alcalá de Henares en 1561. Ruy López difundiu o lance da captura ao paso, ao usalo con frecuencia nas súas partidas.

Moitos historiadores do xadrez considérano como o primeiro campión do mundo rexistrado en Europa e como creador da teoría do xadrez. Tamén é destacable que practicou con éxito a modalidade do xadrez á cega. O rei Filipe II colmoulle de honras pola súa fama no xadrez. En 1575, Filipe II invitou a un torneo na sua corte e así reuniron en Madrid os dous mellores xadrecistas italianos da súa época: Leonardo da Cutri e Paolo Boi, alcumado o Siracusano, xunto cos españois Ruy López e Afonso Cerón, de Granada. Esta proba é cualificada polos historiadores como o primeiro Torneo Internacional de Mestres e a primeira en ser documentada, como exemplo verase a continuación unha partida que, a criterio de moitos, é a primeira vez que se xoga un Gambito de rei.

O torneo gañouno Leonardo da Cutri; recibiu como premio mil ducados, unha capa de armiño e o seu lugar de nacemento, durante vinte anos, estivo exento de pagar tributos. Filipe II enviou as súas felicitacións a Xoán de Austria nunha carta datada o 22 de agosto de 1575.

Apertura Ruy López ou española (ECO C60-C99)

Apertura Ruy López ou española. Movementos: 1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 ECO: C60-C99

Os seus estudos sobre a Apertura Ruy López (chamada tamén española) foron fundamentais para o progreso do xogo. O tratado de xadrez do zafrense foi obxecto de numerosos estudos e considerouse como base fundamental da teoría axedrecística. A súa apertura segue vixente aínda e foi analizada e posta a proba na práctica do xadrez moderno polos máis grandes mestres. Aparece no seu tratado como Apertura IX.

Formulación da Apertura Ruy López:

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5

Partidas xogadas por Ruy López

Apertura: Gambito de rei rexeitado (ECO C30)

Coas brancas: Rodrigo Ruy López de Segura. Coas negras: Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri.

Apertura Gambito de rei rexeitado, despois de 2. ... - d6
Situación posterior a 5. ... - dxe5??

1. e4 - e5 2. f4 - d6, (véxase o taboleiro á esquerda) ao gran Leonardo fóselle conveniente aceptar o sacrificio de peón con 2. ... - exf4, o non o aceptar indica o respecto esaxerado que este tiña ao seu rival. Outra xogada boa éralle tamén 2. ... - d5. Ao non aceptar nin contraatacar acomodóuse defendendo o peón atacado a esperas da iniciativa do de Zafra. 3. Bc4 - c6 4. Cf3 - Bg4 5. fxe5 - dxe5??, (poden ver a posición no taboleiro da dereita), aínda agora éralle o mellor movemento 5. ... - d5, ao querer recuperar o peón o máis pronto posible, desencadea un sacrificio do estremeño que gaña a partida, materializando a vantaxe en moi poucas xogadas. 6. Bxf7+!!, este sacrificio foi unha inversión segura (Ruy López de Segura fíxolle con iso honra ao seu apelido), xa que colleu un peón e fai mover ao rei para despois responder con movementos que recuperan moito máis do antes sacrificado. 6. ... - Rxf7?, non coller o bispo déselle máis poderío de resistencia, pero a partida estaba xa perdida de todas as maneiras, e se a houbese podido comentar Xulio César, igual repetise o alea iacta est. 7. Cxe5+!, na sétima xogada, chega como chamada con corneta a sétima de cabalaría ao núcleo do campo de batalla.. 7. ... - Re8?, o rei tiña mellores sitios a onde ir, indo cara a atrás, lle facilitou aínda máis o traballo á peza con pintas de Bavieca e os seus colegas. 8. Dxg4!, sumar efectivos cando se ataca é importante, novos efectivos, novas ameazas. 8. ... - Cf6??, último fallo de Leonardo na partida. 9. De6+!! - De7 10. Dc8+ - Dd8 11. Dxd8 + - Rxd8 12. Cf7+, e as brancas gañaron.



Apertura: Cabalo de rei (ECO C40)

Coas brancas: Rodrigo Ruy López de Segura. Coas Negras: Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri.

Apertura Cabalo de rei, despois de 2. Cf3
Posción posterior a 9. ... - Cxd5

1. e4 - e5 2. Cf3 - f6?, Leonardo proba defender doutro xeito ao peón atacado. 3. Cxe5! Pumba!, ladramos e despois cabalgamos. Leonardo podería pensar perfectamente que o seu rival tolease por uns instantes ou, que o perdera toda consideración posible. Outra especulación do que podería pensar sería: "Que fai o Rocinante este, quen se cree, Bucéfalo quizais?" En todo caso, o acontecido non lle deixou calcular as consecuencias a Dá Cutri, de modo que optou por querer castigar o sacrificio aceptándoo. 3. ... - fxe5?? Mellor fóselle non aceptar o cabalo e xogar 3. ... - De7 poñendo unha contratrampa de que se agora Ruy López quixese dar un xaque coa Dama, ou sexa 4. Dh5+ - g6 para sacrificar o cabalo con 5. Cxg6, Leonardo puidésese rir a gargalladas despois de contestar con 5. ... - Dxe4+ e 6. Be2 - Dxg6, gañando efectivamente o cabalo. A 3. ... - De7 aconséllase contestar con 4. Cc4, as brancas perderán o peón que gañasen provisoriamente, pero a súa vantaxe queda ampla ao gañar velocidade no desenvolvemento. 4.Dh5+ - g6 4. ... - Re7 Era peor elección, porque seguirían os movementos 5. Dxe5+ - Rf7 6. Bc4+ - d5 (se 6. ... - Rg6 entón 7. Df5+ - Rh6 8. h4 - De7 9. d3+ e as brancas gañan doado) 7. Bxd5+ - Rg6 8.h4 - h5 9. Bxb7+ e gaña, nótese que o bispo non se pode coller 9. ... - Bxb7 porque entón daría a dama xaque con 10. Df5+ - Rh6 11. d4+ - g5 12. Df7!! con mate en poucos movementos máis. 5. Dxe5+ - De7 6. Dxh8 - Cf6? 6. ... - Dxe4+ ten pinta de pouquiño mellor. 7. d4 a Ruy López 7. Cc3 ou 7. d3 tamén lle serían bos movimentos. 7. ... - Rf7? Leonardo non quixo coller o peón con 7. ... - Cxe4. 8. Bc4+? 8. e5 ampliaba maior vantaxe 8. ... - d5 9. Bxd5+ - Cxd5 e as brancas gañaron.


Apertura: Defensa Philidor (ECO C41)

Coas brancas: Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri. Coas Negras: Rodrigo Ruy López de Segura.


Defensa Philidor logo de 2. ... - d6
Última posición coñecida logo de 10. b4

1. e4 - e5 2. Cf3 - d6 3. Bc4 - f5?, este movemento sópralle moito vento en popa ás brancas. Son mellores 3. ...- Cc6 e 3. ... - Be7, as dúas variantes principais na actualidade. 4. d3, 4. d4! ten moita agresividade, por poñer un exemplo: 4. ... - fxe4 5. Cxe5! - dxe5 6. Dh5+ - Rd7 7. Bxg8 - Bb4+ 8. c3 - Dxg8 9. cxb4 - exd4 10. 0-0 e brancas vanse divertir. 4. ... - Be7 5. De2, 5. Cc3 é unha xogada un pouquiño máis fina, xa que aínda non se sabe cál vai ser o mellor sitio para a dama. 5. ... - c6 5. Cc6 faríalle bos servizos. 6. h3, as brancas perden velocidade voluntariamente, 6. Cc3 era outra vez o normal. 6. ... - f4, mellor 6. Cf6. 7. g3?, regala toda a vantaxe obtida na apertura e a situación vaise igualando, 7.d4 ou 7. 0-0 faríanlle máis presión ás negras. 7. ... - fxg3 8. fxg3 - Dc7? Ruy López subestimou 9. Cg5 - Bxg5 10. Bxg5 con vantaxe novo para as brancas, ou tamén 9. ... - Cf6 10. Bf7+ - Rf8. 9. Cc3? devolve o favor, e deixa que a posición se vaia igualando outra vez. 9. ... - Cf6? volve a subestimar 10. Cg5, lle era mellor xogar antes 9. ... - b5 10. Bb3 - b4. 10. b4? volve ás andadas non querendo fazer o movemento 10. Cg5. Con 10. b4? debilitáronse as brancas tanto, que agora xa son as negras as que gustan, continuando con 10. ... - d5. Anotouse que a partida a gañou Leonardo, pero descoñécese como seguiu.





Apertura: Italiana (variante pechada) (ECO C53)

Coas brancas: Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri. Coas Negras: Rodrigo Ruy López de Segura.


Apertura Italiana, despois de 3. ...- Bc5
Posición logo de 10. Cbd2

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bc4 - Bc5, (vexan o taboleiro esquerdo). 4. c3, aínda hoxe a que máis se xoga das variantes principais na apertura italiana. 4. ... - De7, na actualidade prefírese xogar 4. ... - Cf6 o cal é ao mesmo tempo o movemento que máis se xogou nesta variante ata agora. O movemento do zafrense non estivo tan mal, isto foi xogado logo por outros e aparece hoxe de cando en vez nalgún taboleiro dalgún torneo. 5. b4, 5. d4!? é tacticamente unha liña de xogo moi interesante. Pero nada que obxectar a don Giovanni, o seu movemento foi moi bo. 5. ... - Bb6 6. a4 - a6 7. Ba3 nesta posición aconséllase 7. d3 para ocultar onde vai parar o bispo. 7. ... - d6 8. d3 - Cf6 9. De2 - Bg4 as negras equilibraron o xogo e sen facer fallos non debería haber ningunha preocupación. 10. Cbd2, é unha pena que non se saiba de como seguiu a partida, sexa como fose, se ten historicamente rexistrado que Leonardo gañaou esta partida. O procedemento desta partida, ou sexa, dos movementos que coñecemos, é de alto nivel por parte de ambos xogadores.

Véxase tamén

Ligazóns externas