Talibán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ko:탈레반 정권
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: tl:Taliban
Liña 28: Liña 28:
[[simple:Taliban]]
[[simple:Taliban]]
[[sv:Talibaner]]
[[sv:Talibaner]]
[[tl:Taliban]]
[[zh:塔利班]]
[[zh:塔利班]]

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2006 ás 11:57

O movemento Taliban é un movemento nacionalista musulmán sunní que gobernou a maioría de Afganistán a partir de 1996 e ata 2001, malia ter recoñecemento diplomático de soamente tres países: os Emiratos Árabes Unidos, Paquistán, e Arabia Saudí, así como o goberno non recoñecido internacionalmente da República chechena de Ichkeria. Os membros máis influintes, incluíndo Mullah Mohammed Omar, o líder do movemento, eran simples mulás da aldea (eruditos relixiosos islámicos menores), a maioría deles estudaran en madrasas paquistanís. O movemento Taliban estaba integrado principalmente por Pashtuns de Afganistán e da provincia da Fronteira do Noroeste Paquistán, pero tamén incluíu a moitos voluntarios non-afgáns do mundo árabe, así como Eurasia, Asia do Sur, e Asia suroriental.

Despois da caída da prosoviética República Democrática de Afganistán en 1992, Afganistán foise lanzando nunha guerra civil entre señores da guerra. Os talibáns emerxeron eventualmente como unha forza capaz de traer orde ó país. A subida dos talibáns axudou á economía eliminando os pagos que os señores da guerra esixían ós comerciantes, trouxo vantaxes políticas reducindo a loita entre faccións (aínda que o talibáns de combateron agresivamente contra os seus inimigos, a súa hexemonía relativa reduciu o número de faccións) e trouxo estabilidade relativa impoñendo un sistema de normas ante unha sociedade caótica. A ideoloxía radical dos talibán apartaría máis adiante a moitos observadores que consideraban inicialmente a súa aparición como positiva. A mitoloxía talibán establece a primavera de 1994, co rapto e violación de dúas raparigas nun punto de control Mujahidin na aldea de Sang Hesar nas aforas de Kandahar, o mulá local Omar, veterán da facción Harakat-i Inqilab-i Islami contra o réxime de Najibulá, con outros trinta e tantos talibáns organizou un grupo armado para rescata-las raparigas e colgou o comandante do Mujahidín.

Despois deste incidente, Omar fuxiu á provincia veciña de Baluchistán en Paquistán, para o outuno de 1994 organizara unha milicia ben armada e ben financiada de 1.500 seguidores, que proporcionarían a protección para un convoy comercial paquistaní que leva mercancías por terra a Turcomenistán. Con todo, moitos informes suxiren que o convoy estaba de feito por completo composto por combatentes paquistanís que se presentaban como talibáns e que contaban coa axuda do goberno paquistaní e tamén, en certa medida, dos Estados Unidos para contrarrestar a Alianza do Norte.