República Croata de Herzeg-Bosnia: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: pt:República Croata da Herzeg-Bósnia |
m bot Engadido: he:הקהילה הקרואטית של הרצג בוסניה |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
[[fi:Hertseg-Bosnia]] |
[[fi:Hertseg-Bosnia]] |
||
[[fr:République d'Herceg-Bosna]] |
[[fr:République d'Herceg-Bosna]] |
||
[[he:הקהילה הקרואטית של הרצג בוסניה]] |
|||
[[hr:Hrvatska Republika Herceg-Bosna]] |
[[hr:Hrvatska Republika Herceg-Bosna]] |
||
[[hu:Herceg-Boszniai Horvát Köztársaság]] |
[[hu:Herceg-Boszniai Horvát Köztársaság]] |
Revisión como estaba o 31 de outubro de 2010 ás 22:51
A República Croata de Herzeg-Bosnia (en croata: Hrvatska Republika Herceg-Bosna) foi un efémero país da minoría croata en Bosnia que existiu entre 1991 e 1994 (Tratado de Washington).
Historia
O partido no poder na recentemente independizada República de Croacia (1991), dirixía o partido maioritario entre os croatas de Bosnia, a chamada Unión Demócrata Croata de Bosnia e Hercegovina (HDZBiH, nas súas siglas en croata). O 18 de novembro de 1991, os dirixentes do HDZBiH, Mate Boban e Dario Kordić, proclaman a existencia da República Croata de Herzeg-Bosnia como comunidade croata en Bosnia e "ente político, cultural, económico e territorial" diferenciado.
Co apoio do goberno croata, a nova autoridade croata en Bosnia comezou unha limpeza étnica e unha "croatización" da minoría bosnia no seu territorio (minoría musulmá). O Consello de Defensa Croata (HVO) foi a rama militar croata encargada da construción de campos de concentración e do goberno de varias municipalidades. Coa axuda de Croacia, Herzeg-Bosnia introduce a moeda, croata, programas de estudo croatas e a imposición de estudar croata nas escolas bosnias. Os croatas administran a axuda humanitaria deixando en último lugar a bosnios e serbios (quen á súa vez, no norte do país proclamaran a República Krajina de Serbia e emprenden a limpeza étnica contra a minoría bosnia).
O 28 de agosto de 1993, os croatas de Bosnia son invitados ás conversas de paz de Xenebra nos que se lles ofrece a posibilidade de te-lo seu propio país nunha Bosnia tri-estatal. Os bosnios rexeitan a proposta internacional. O Tribunal Constitucional de Bosnia e Hercegovina en 1992, e por segunda vez o 20 de xaneiro de 1994. Tan só Croacia, durante a guerra de Bosnia recoñeceu ás autoridades de Herzeg-Bosnia.
Os líderes de Herzeg-Bosnia (Jadranko Prlić, Bruno Stojić, Slobodan Praljak, Milivoj Petković, Valentin Ćorić e Berislav Pušić) agardan sentenza do Tribunal Internacional para Crimes na Antiga Iugoslava, acusados de crimes contra a Humanidade, incumprimento da Convención de Xenebra e violación das Leis e Costumes da guerra.
Galería
-
Composición étnica de Bosnia por municipalidades en 1991
-
Territorios baixo control dos croatas en azul, do exército bosnio en verde
-
Plan de paz de Vance-Owen
-
Territorios reclamados por Herzeg-Bosnia