Fontao, Vila de Cruces: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) imaxe |
m recat. |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
*[[Lugares de Vila de Cruces]] |
*[[Lugares de Vila de Cruces]] |
||
[[Categoría:Vila de Cruces]] |
[[Categoría:Parroquias de Vila de Cruces]] |
||
[[pms:Fontao, Vila de Cruces]] |
[[pms:Fontao, Vila de Cruces]] |
Revisión como estaba o 31 de outubro de 2010 ás 13:40
Fontao | |
---|---|
Minas da Brea. | |
Concello | Vila de Cruces |
Coordenadas | 42°45′44″N 8°13′33″O / 42.76218843, -8.22587996Coordenadas: 42°45′44″N 8°13′33″O / 42.76218843, -8.22587996 |
Área | - km² |
Poboación | (Ano 2009) 218 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 7 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Vila de Cruces poboación {{{ano}}}]]
Santiago de Fontao é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 218 habitantes (105 mulleres e 113 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.
Patrimonio
Na parroquia localízase o antigo poboado mineiro de Fontao, onde residían os mineiros que explotaban a mina próxima de volframio que estivo aberta de 1934 a 1963 e de 1968 a 1973. No período de máximo explendor, entre 1939 e 1945, o poboado contaba con 3.000 habitantes (máis 800 reclusos políticos que durmían na cadea), unha clínica hospitalaria, tres cines, 33 bares e un café-teatro. Entre os reclusos que traballaron nas minas para redimir penas estivo o anarcosindicalista pontevedrés Desiderio Comesaña Prado.
O poboado proxectárono os arquitectos César Cort e Basilio Blas en 1954. Na actualidade todas as antigas vivendas dos traballadores da mina están reconstruidas, o proxecto de reconstrución foi obra do Instituto Galego de Vivenda e Solo, sendo inauguradas por Manuel Fraga Iribarne cando era presidente da Xunta de Galicia.
Lugares e Parroquias
Lugares de Fontao
Lugares da parroquia de Fontao no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Aguiar | Os Baños | A Brea | O Cruceiro | O Novo Poboado | Os Salgueiros | Vilar |