Diferenzas entre revisións de «Lucas Labrada»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
alfabetizo cat
Sem resumo de edição
(alfabetizo cat)
'''Lucas José de los Dolores Labrada Romero''', (nado en [[Ferrol]] o [[18 de outubro]] de [[1762]] e falecido na [[Coruña]] en agosto de [[1842]]), foi un [[Ilustración|ilustrado]] galego, autor dunha descrición económica da [[Galiza]].
 
== Traxectoria ==
En 1784 era empregado do [[Real Consulado da Coruña]], obtendo en 1787 a praza de porteiro da mesma institución. En 1790 presenta un ''Plan de gobierno de los porteros'' e auxilia ao enxeñeiro de obras do Consulado. Despois ocupa durante catro anos a secretaría do organismo de xeito interino. Máis tarde intentou acceder, sen éxito, á [[cátedra]] de [[Matemáticas]] da [[USC|Universidade compostelana]]. En 1802 accedeu ao posto, xa fixo, de secretario do Real Consulado.
 
A súa obra máis importante foi a ''Descripción económica del Reyno de Galicia'', publicada en Ferrol en 1804. Nesa obra, valéndose en ocasións de corresponsais, levanta acta do estado económico do reino a fins do [[século XVIII]]. O libro constitúe unha preciosa fonte historiográfica, utilizada constantemente. A [[Editorial Galaxia]] fixo unha reedición en [[1971]].
 
{{DEFAULTSORT:Labrada Romero, Lucas}}
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Ferrol]]
100.561

edicións

Menú de navegación