Diocese: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: fy:Bisdom |
m bot Modificado: th:เขตมิสซัง |
||
Liña 91: | Liña 91: | ||
[[sv:Stift (kyrkligt förvaltningsområde)]] |
[[sv:Stift (kyrkligt förvaltningsområde)]] |
||
[[sw:Dayosisi]] |
[[sw:Dayosisi]] |
||
[[th:เขตมิสซัง]] |
|||
[[th:สังฆมณฑล (คริสต์ศาสนา)]] |
|||
[[uk:Єпархія]] |
[[uk:Єпархія]] |
||
[[vi:Giáo phận]] |
[[vi:Giáo phận]] |
Revisión como estaba o 22 de outubro de 2010 ás 12:00
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
.
Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo, etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados. En Galiza hai 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela:
- Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias)
- Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias)
- Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias)
- Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias)
- Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias)
Hai ademais na Galiza territorial de administración política dous anacos que pertencen outras dúas dioceses que non están completamente en Galiza:
- Astorga (cinco arciprestados do oriente ourensán);
- Oviedo (unhas poucas parroquias do oriente lugués);
O nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.
Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).
O termo diocese é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a Igrexa Católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.
Véxase tamén
- arquidiocese de Santiago de Compostela;
- diocese de Mondoñedo-Ferrol;
- diocese de Tui-Vigo;
- diocese de Lugo;
- diocese de Ourense;
- diocese de Astorga;
- diocese de Oviedo;
Ligazóns exteriores
- Arcebispado de Santiago de Compostela
- Diocese de Lugo (algúns en galego e outros en castelán)
- Diocese de Tui-Vigo (uns en galego, outros en castelán)
- Bispado de Mondoñedo-Ferrol (único integramente en galego)
- Bispado de Ourense (en castelán)
- Bispado de Oviedo (en castelán)
- Bispado de Astorga (en castelán) (dentro das de Castela e León)
- Xuntanza das cinco dioceses integramente galegas
- Arcebispado especificamente militar para todo o Estado
- Conferencia episcopal (dos bispos) española
- Unha outra páxina da Igrexa Católica (en inglés)