Reino de Francia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: arranxiño
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Manually assisted solving of mixed interwiki; Modificado: en
Liña 47: Liña 47:


[[cs:Francie v raném novověku]]
[[cs:Francie v raném novověku]]
[[en:Early Modern France]]
[[en:Kingdom of France (Early Modern)]]
[[es:Francia en época de los Borbones]]
[[es:Francia en época de los Borbones]]
[[fa:فرانسه در آغاز دوره مدرن]]
[[fa:فرانسه در آغاز دوره مدرن]]

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2010 ás 11:59

Modelo:País desaparecido O Reino de Francia é un período da historia moderna de Francia que abrangue desde o século XV o XVIII co estalido da Revolución Francesa e a instauración do Reino dos Franceses. Durante este período Francia evolucionou do feudalismo a un rexime moi centralizado na figura do rei, que se baseaba na Divinidade Real e no apoio da Igrexa Católica.

Historia

A Paz de Etaples en (1492) é para algúns, o incio da idade modena en Francia. Ó rematar a Guerra dos Cen Anos (1337-1453) e a firma do Tratado de Picquingny en (1475), en 1492 e 1493, o rei Carlos VIII de Francia asinou tres tratados adicionais con Henrique VII de Inglaterra, Maximiliano de Habsburgo e Fernando II de Aragón respectivamente en Étaples o Tratado de Senlis (1493) e o de Barcelona (1493). Estos tres tratados deixaron vía libre a Francia para tomar partido nas Guerras Italianas (1494-1559), que marcaron o comezo do moderno reino de Francia.

A Francia dos Borbón

Tras a morte de Carlos IX asumíu o trono o seu irmán Henrique III, pero á morte de Francisco de Alençon en 1584, irmán e herdeiro do rei católico Henrique III de Francia, converteu a Henrique de Navarra no lexítimo herdeiro de Francia, o que Henrique III debeu admitir, pois as súas irmás estaban fóra da sucesión pola Lei Sálica.

Henrique IV

Henrique IV de Francia

Henrique de Navarra subíu ó trono en 1553 e convertíuse no primeiro rei de Francia da dinastía Borbón. Instaurou a paz relixiosa no país, tralas guerras entre católicos e hugonotes, aumentou o poder real deixando de convocar os Estados Xerais e regulamentando o parlamento. Situou a Francia como unha potencia económica en Europa, e levou a cabo políticas para garintir o benestar dos seus súbditos, o que o fixo moi querido polo pobo francés. Durante o seu reinado se fundaron as primeiras colonias francesas en Canadá. Morre asasinado o 14 de maio de 1610 por François Ravaillac, deiando o trono ó seu fillo, Luís.

Luís XIII

O reinado de Luís XIII estivo marcado polo sometemento dos Grandes e dos protestantes, así como pola loita contra a dinastía Habsburgo. A imaxe deste rei está inseparablemente ligada á do seu primeiro ministro, o Cardenal Richelieu, quen o axudará na reorientación da monarquía francesa.

Luís XIV

Luís XIV de Francia

Luís XIV é o rei máis coñecido desta etapa segundo a maioría dos historiadores. Foi alcumado como o Rei Sol. Nado en 1938, ascende ó trono en 1715. Combate en tres grandes guerras (a Guerra de Holanda, a Guerra dos Nove Anos e a Guerra de Sucesión Española), aumenta a influencia de Francia en Europa, non só no político, senon tamén no cultural, con artistas como Molière. Isto fixo que ascendera en prestixio, Francia, a súa lingua, e o seu rei. Morre en 1715, deixando o trono ó seu bisneto, Luís XV.

Luís XVI

Luís XVI de Francia

Nado en 1754, Luís XVI ascende ó trono de Francia trala morte do seu avó Luís XV en 1774. Casouse con María Antonieta filla de Francisco I de Austria e a emperatriz María Teresa. Durante o seu reinado crece o descontento popular, debido á escasez de alimentos e ás subidas dos prezos, debido á súa vez as malas colleitas que se sucedían desde o reinado de Luís XIV. En 1791, tras varios levantamentos e a Toma da Bastilla, se converte en monarca constitucional, tras xurar a nueva constitución, o seu título pasa a ser Rei dos franceses. Tras un intento de fuxida en 1792 e o Manifesto de Brunswick, se proclama a República en Francia e é xuzgado por traizón e condenado á guillotina, onde morre o 21 de xaneiro de 1793 poñendo fin a 203 anos de goberno dos Borbones. O seu fillo Luís Carlos morrerá na prisión do Temple e nunca chegou a reinar aínda que os monarquicos o recoñeceron como rei tras a morte de Luís XVI.

Véxase tamén