Fundación Penzol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
recat
Liña 12: Liña 12:


[[Categoría:Vigo]]
[[Categoría:Vigo]]
[[Categoría:Asociacións de Galicia]]
[[Categoría:Fundacións de Galicia]]


[[es:Fundación Penzol]]
[[es:Fundación Penzol]]

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2010 ás 08:50

A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963 para preservar o legado de Fermín Penzol (1901-1981) e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. A súa presidenta é Blanca Jiménez de Penzol, e o director é Francisco Domínguez.

Posúe unha das maiores coleccións de folletos, libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e manuscritos da historia recente de Galiza. Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco.

Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron por Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas e ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.

A súa sede está na Casa da Cultura de Vigo, na praza da Princesa.

Véxase tamén

Ligazóns externas