Paio, mártir: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vilachan (conversa | contribucións)
Engado unha imaxe
Liña 11: Liña 11:


Súa haxiografía reflexa que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fora pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de [[Cristo]], insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fora tentado por Abderramán III para que se convertise ó [[Islam]], que rexeitou con vehemencia:
Súa haxiografía reflexa que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fora pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de [[Cristo]], insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fora tentado por Abderramán III para que se convertise ó [[Islam]], que rexeitou con vehemencia:
''Si, o rei, son cristián. Funo e sereino pola gracia de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras.''"<ref>[http://www.terra.es/personal/calman/villanueva-matamala/hagiografia.htm Hagiografía]</ref>
''Si, o rei, son cristián. Funo e sereino pola graza de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras.''"<ref>[http://www.terra.es/personal/calman/villanueva-matamala/hagiografia.htm Hagiografía]</ref>


==Veneración==
==Veneración==

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2010 ás 19:58

Recreación do martirio de San Paio nun gravado de Jan Luyken (1649-1712) publicado no 'Espello dos Mártires' (Amsterdam, 1685). O texto da imaxe, en neerlandés, di: "Paio, un rapaz de 13 anos, tras moito padecemento por causa da súa firme fe cristiá, sufriu en Córdoba a amputación dos seus brazos e pernas, e finalmente a decapitación. Ano de 925"

San Paio Mártir, nado en Albeos, Crecente (daquela parte do condado de Turonia) no ano 911 e falecido en Córdoba o 26 de xuño de 925, foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de Abderramán III e canonizado posteriormente pola Igrexa Católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á homosexualidade.

O seu día no santoral católico é o 26 de xuño.

Martirio e morte

O seu martirio, descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera (920), moitos habitantes cristiáns do Reino de León foron levados prisioneiros a Córdoba. Entre eles estaban Paio e seu tío Hermixio, bispo de Tui. Éste foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentras que Paio quedaba en calidade de refén.

Segundo a tradición dise que o califa Abderramán III, prendado da súa beleza, requiriulle contactos sexuais, ós que se negou, provocando a súa tortura e morte.

Súa haxiografía reflexa que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fora pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de Cristo, insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fora tentado por Abderramán III para que se convertise ó Islam, que rexeitou con vehemencia: Si, o rei, son cristián. Funo e sereino pola graza de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras."[1]

Veneración

O martirio en defensa da súa fe xustificou a súa pronta canonización. Deseguida pasou a recibir culto. A partir do século XI, no que os reinos cristiáns intervirían na política interior dos reinos musulmáns de taifas, moitos santos cristiáns foron trasladados ó norte, e o mesmo ocorreu cos seus restos: primeiro á cidade de León, e logo ó mosteiro beneditino de San Pelayo en Oviedo, que leva o seu nome (e que non debe confundirse con Paio de Asturias, primeiro rei de Asturias.

Aínda que a historia da súa vida non ten na actualidade moita repercusión no imaxinario colectivo o seu nome ten amplísima difusión en topónimos da Galiza toda.

Santo patrón

San Paio Mártir é santo patrón do Seminario Menor de Tui e de moitas parroquias galegas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas