Giuseppe Piazzi: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ru:Пиацци, Джузеппе |
m bot Engadido: uk:Джузеппе Піацці |
||
Liña 52: | Liña 52: | ||
[[tl:Giuseppe Piazzi]] |
[[tl:Giuseppe Piazzi]] |
||
[[tr:Giuseppe Piazzi]] |
[[tr:Giuseppe Piazzi]] |
||
[[uk:Джузеппе Піацці]] |
|||
[[zh:朱塞普·皮亞齊]] |
[[zh:朱塞普·皮亞齊]] |
Revisión como estaba o 15 de outubro de 2010 ás 05:11
Giuseppe Piazzi, nado en Ponter o 7 de xullo de 1746 e finado en Nápoles o 22 de xullo de 1826, foi un astrónomo e sacerdote italiano. Fundou o observatorio astronómico de Palermo.
Traxectoria
O 1 de xaneiro de 1801, descubríu un obxecto estelar que se desprazaba polo fondo de estrelas: o seu movemento era retrógrado primeiro e directo despois, de modo que pensou que era un novo planeta; na carta remitida ao seu amigo Barnaba Oriano, de Milán, así o indicaba aínda que cando escribíu a Joseph Lalande (en París) e a Johann Elert Bode (en Berlín) non quixo arriscarse: anuncioulles o descubrimento dun nuevo "cometa".
Piazzi bautizouno co nome de Ceres Ferdinandea, pola deusa grega e siciliana, e polo rei Fernando IV de Nápoles y Sicilia. Máis adiante, o Ferdinandea eliminouse por razóns políticas. Ceres resultó ser o primeiro asteroide que se observaba do cinturón de asteroides e, ata agora, o de maior tamaño coñecido.
Poucas semanas despois perdeuse no resplandor solar de ocaso. Baseándose nas poucas observacións dispoñibles, Gauss creou unha ferramenta matemática nova, coa cal puido predicir a posición do asteroide. Meses máis tarde recuperábase novamente Ceres.
Aos poucos días William Herschel, co seu gran reflector utilizando elevados aumentos, determinaba o diámetro micrométrico do cuerpo e, baseándose na distancia (determinada polo cálculo orbital de Gauss), o tamaño real do mesmo: en torno a 260 km. Se era un planeta era demasiado pequeno. En marzo de 1803 un novo "planeta" (máis tarde asteroide, nome suxerido por Herschel) sumábase á lista ao descubrir Heinrich Olbers o diminuto Palas.
Piazzi adicouse durante moito tempo a elaborar un catálogo de estrelas, hoxe en desuso, que presentaba a posición exacta dalgúns miles delas. Este sería superado polo de Friedrich Bessel primeiro (uns 75 000 estrelas) e Friedrich Argelander despois (máis de 259 000).