Meritocracia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: is:Verðleikaræði
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hr:Meritokracija
Liña 37: Liña 37:
[[fr:Méritocratie]]
[[fr:Méritocratie]]
[[he:מריטוקרטיה]]
[[he:מריטוקרטיה]]
[[hr:Meritokracija]]
[[id:Meritokrasi]]
[[id:Meritokrasi]]
[[is:Verðleikaræði]]
[[is:Verðleikaræði]]

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2010 ás 21:49

Meritocracia (do latín mereo, merecer, obter) é unha forma de goberno baseada no mérito. As posicións xerárquicas son conquistadas en base ó mérito, e hai un predominio de valores asociados á educación e á competencia.

A meritocracia está asociada, por exemplo, ó estado burocrático, sendo a forma pola cal os funcionarios estatais son selecionados para os seus postos de acordo coa súa capacidade (a través de concursos, por exemplo). Ou tamén máis comunmente asociado ós exames de ingreso ou avaliación nas escolas, nas cales non hai discriminación entre os alumnos en canto ás preguntas ou temas propostos. Así a meritocracia tamén indica posicións conseguidas por mérito persoal.

Aínda que a maioría dos gobernos están baseados en parte na meritocracia, esta non se expresa de forma pura en ningún lugar. Gobernos como o de Singapur ou Finlandia utilizan estándares meritocráticos para a elección de autoridades, aínda que mesturados con outros. Un modelo próximo á meritocracia pode ser a xerarquía militar na cal teoricamente os postos obtéñense por adecuación a certos valores.

O principal argumento a favor da meritocracia é que proporciona maior xustiza que outros sistemas xerárquicos, dado que as distincións non se fan por sexo ou raza, nin por riqueza ou posición social, entre outros factores biolóxicos ou culturais. Aínda que existen clases sociais e os defensores da meritocracia non pretenden acabar con elas, pero é un criterio máis xusto para a distribución dos estamentos sociais.

Conforme ó que o sufixo "cracia" indica, a meritocracia é, estritamente falando, un sistema de goberno baseado na habilidade (mérito) no canto da riqueza ou posición social. Neste contexto, "mérito" significa basicamente intelixencia e esforzo. Mentres que a palabra "meritocracia" é agora frecuentemente usada para describir un tipo de sociedade onde a riqueza, ingresos e clase social son designados por competición, asumíndose que os vencedores, de feito, merecen tales vantaxes. Consecuentemente, a palabra adquiriu unha connotación de "Darwinismo social" e é usada para describir sociedades agresivamente competitivas, con grandes diferenzas de ingresos e riqueza, en contraste coas sociedades igualitarias.

Gobernos e organismos meritocráticos salientan o talento, educación formal e competencia en lugar das diferenzas existentes como clase social, etnia ou sexo. Na práctica, as investigacións sobre mobilidade social indican que todos estes criterios supostamente neutros favorecen ós fillos dos que xa son privilexiados dalgún modo.

Nunha democracia representativa, onde o poder está, teoricamente, nas mans dos representantes electos, os elementos meritocráticos inclúense no uso de consultores especializados para axudar á formulación de políticas e nun servizo civil meritocrático para implementar devanditas consultorías. O problema perenne da defensa meritocrática é definir, exactamente, que se entende por "mérito".

Orixes e Historia

A palabra meritocracia probablemente aparece por primeira vez no libro Rise of the Meritocracy de Michael Young (1958). No libro aparecía cargada de contido negativo, xa que a historia trataba dunha sociedade futura na cal a posición social dunha persoa era determinada polo coeficiente intelectual e o esforzo. Young utilizou a palabra mérito nun sentido pexorativo, diferente ó común ou aquel usado polos defensores da meritocracia. Para estes, mérito significa aproximadamente habilidade, intelixencia e esforzo. (Unha crítica comunmente feita á meritocracia é a ausencia dunha medida específica deses valores, e a arbitrariedade das eleccións).

Os primeiros indicios deste mecanismo remóntanse á antigüidade, en China. Confucio e Han Fei son dous pensadores que propuxeron un sistema próximo ó meritocrático. Tamén poden ser citados Gengis Kan e Napoleón Bonaparte, cada cal utilizou na súa vida e na política dos seus estados elementos da meritocracia.

Ligazóns externas