Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Mormonismo»

m (Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:))
===Outras===
#Na Igrexa SUD o ensino é un sistema integrado e non ao azar. Cada clase ou instrución que se recibe na Igrexa SUD é a mesma en calquera parte do mundo, posto que as clases estan organizadas, e baseadas nos libros canónicos. A Igrexa non emprega "lavado de cerebro"; cada membro fiel da Igrexa mantense firme nela por un testemuño de Cristo, unha esperanza de Vida Eterna xunto á súa familia e un coñecemento da verdade, por medio do Espírito Santo, o cal don foi prometido por Xesucristo antes da súa morte para guiar, consolar e ensinar aos Fillos de Deus unha vez que O xa non estivese fisicamente entre eles.
 
#A Igrexa non fai acepción de persoas, senón que ensina principios para que a persoas guien o seu modo de vivir mais parecido ao exemplo do Salvador.
 
#Os principios básicos da Igrexa SUD son: Fe no Señor Xesucristo, Arrepentimento, Bautismo por inmersión e Don do Espírito Santo pola imposición de mans e perseverar até o fin. (Artigo de Fe 4).
 
#Os homes dignos da Igrexa SUD posúen o Sacerdocio, o mesmo que tiña Xesucristo e esta autoridade e poder élles outorgado -cumprindo con normas de dignidade- a actuar tal e como Xesucristo o fíxo.
 
#Na Igrexa os homes e a mulleres son iguais; ningún é maior que o outro, posto que tanto o matrimonio como a familia son sociedades aprobadas por Deus, non só aténdose ao estritamente relixioso, senón tamén ao legal.
 
1.585

edicións