Jolly Roger: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
m Parte traducida da wikipedia en castelán (es:Jolly Roger)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 8: Liña 8:


A orixe das bandeiras vermellas pode estar nas que usaban os [[corsario]]s [[Inglaterra|ingleses]] por orde do Almirantazgo en [[1664]], a ''red jack''. Cando a [[Guerra de Sucesión Española]] acabou en [[1714]], moitos dos corsarios convertéronse en piratas e algúns deles retiveron a bandeira vermella, simbolizando o sangue. Non importa canto temían os mariñeiros a cor negra dos piratas, todos esperaban non atoparse coa ''joli rouge''. A bandeira vermella declaraba descaradamente as intencións dos piratas: Non se perdoará unha vida, non se farán preguntas. O termo seguiuse usando para a bandeira negra cunha caveira e ósos que apareceu sobre o [[1700]].
A orixe das bandeiras vermellas pode estar nas que usaban os [[corsario]]s [[Inglaterra|ingleses]] por orde do Almirantazgo en [[1664]], a ''red jack''. Cando a [[Guerra de Sucesión Española]] acabou en [[1714]], moitos dos corsarios convertéronse en piratas e algúns deles retiveron a bandeira vermella, simbolizando o sangue. Non importa canto temían os mariñeiros a cor negra dos piratas, todos esperaban non atoparse coa ''joli rouge''. A bandeira vermella declaraba descaradamente as intencións dos piratas: Non se perdoará unha vida, non se farán preguntas. O termo seguiuse usando para a bandeira negra cunha caveira e ósos que apareceu sobre o [[1700]].

[[Ficheiro:Cross Templar.svg|thumb|160px|Insignia [[Orde do Temple|templaria]].]]


Outra teoría propón que o líder dun grupo de piratas asiáticos foi nomeado [[Ali Raja]], ''Rei do Mar'', os piratas ingleses apropiáronse e corromperon o termo. Unha teoría que vai máis aló indica que o nome podería provir da palabra inglesa ''roger'', significando vagabundo errante: ''Old Roger'' era un apelativo do [[Diaño]].
Outra teoría propón que o líder dun grupo de piratas asiáticos foi nomeado [[Ali Raja]], ''Rei do Mar'', os piratas ingleses apropiáronse e corromperon o termo. Unha teoría que vai máis aló indica que o nome podería provir da palabra inglesa ''roger'', significando vagabundo errante: ''Old Roger'' era un apelativo do [[Diaño]].

No seu libro "''Pirates & The Lost Amornar Fleet''", David Hatcher Childress afirma que o termo foi acuñado por referencia ao primeiro home que izou a bandeira, o rei [[Roxerio II de Sicilia]] (''Roger'') (c. [[1095]]-[[1154]]). Roger foi un afamado [[Orde do Temple|templario]] que tivo unha disputa publica co [[Papa]] polas súas conquistas en [[Puglia]] e [[Provincia de Salerno|Salerno]] en [[1127]]. Childress afirma que, moitos anos despois de que os templarios fosen disoltos pola [[Igrexa]], polo menos unha frota templaria dividiuse en catro flotas independentes que se dedicaron á pirataría contra calquera barco de calquera país que mostrase simpatías cara a [[Roma]]. A bandeira era pois unha herdanza e os ósos cruzados eran unha obvia referencia ao escudo templario orixinal dunha cruz vermella coas puntas abertas. Pero isto parece improbable, xa que os Cabaleiros Templarios usaban unha cruz grega (+) e non a cruz de Santo André (x), a cal é a usada nas bandeiras piratas. En calquera caso, non hai evidencia actual de que os Templarios algunha vez izasen unha bandeira como esa, que a frota dos Templarios foi vista despois da disolución da Orde, ou de que exista conexión algunha entre os Templarios e a Era de Ouro da pirataría.


== Uso na práctica ==
== Uso na práctica ==

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2010 ás 22:34

A tradicional Jolly Roger.

Jolly Roger é o nome dado a calquera das diferentes bandeiras que se izaban para identificar tripulación dun barco pirata. A máis comunmente identificada como a Jolly Roger é a da caveira e os ósos, un pavillón composto por un cranio humano enriba dun par de ósos cruzados en forma de "x" sobre un campo negro. Este deseño foi utilizado por diversos piratas, incluídos os Capitáns Edward England e John Taylor. Algunhas bandeiras Jolly Roger tamén incluían un reloxo de area, un símbolo común de representación da morte durante os séculos XVII e XVIII en Europa.

A pesar da súa preeminencia na cultura popular, as bandeiras máis comúns utilizadas polos pirtas durante os séculos XVII e XVIII consistían tan só nun pano negro. Historicamente, a bandeira foi izada polos piratas para amedrontar ás súas vítimas para se entregar sen loita, xa que transmitía a mensaxe de eran bandidos que non se consideraban vinculados ás regras usuais de inclusión e podían, polo tanto, abater aos derrotados. A mesma mensaxe foi transmitida, ás veces, cunha bandeira vermella.

Orixes do termo

As orixes do termo "Jolly Roger" non están claras, existen varias teorías respecto diso. Unha delas indica que procede do termo francés joli rouge (vermello bonito), que os ingleses posteriormente corromperon a Jolly Roger. Aínda que é certo que existiron unha serie de "bandeiras vermellas" que foron tan temidas, ou máis, que as "bandeiras negras", esta explicación parece improbable por tres motivos. En primeiro lugar, o primeiro nome coñecido da bandeira negra foi Old Roger, aparecendo Jolly despois. En segundo lugar, a bandeira vermella non foi copiada dos franceses, polo que parece razoable que tampouco o fose a bandeira negra. En terceiro e último lugar, non existe evidencia algunha de que o termo Jolly Rouge fóra empregado algunha vez para facer referencia a ningún tipo de bandeira.

A orixe das bandeiras vermellas pode estar nas que usaban os corsarios ingleses por orde do Almirantazgo en 1664, a red jack. Cando a Guerra de Sucesión Española acabou en 1714, moitos dos corsarios convertéronse en piratas e algúns deles retiveron a bandeira vermella, simbolizando o sangue. Non importa canto temían os mariñeiros a cor negra dos piratas, todos esperaban non atoparse coa joli rouge. A bandeira vermella declaraba descaradamente as intencións dos piratas: Non se perdoará unha vida, non se farán preguntas. O termo seguiuse usando para a bandeira negra cunha caveira e ósos que apareceu sobre o 1700.

Outra teoría propón que o líder dun grupo de piratas asiáticos foi nomeado Ali Raja, Rei do Mar, os piratas ingleses apropiáronse e corromperon o termo. Unha teoría que vai máis aló indica que o nome podería provir da palabra inglesa roger, significando vagabundo errante: Old Roger era un apelativo do Diaño.

Uso na práctica

A primeira vista, pode parecer unha mala idea advertir das intencións izando a Jolly Roger. Con todo, isto pode ser visto como unha forma de guerra psicolóxica. O interese principal dun pirata é capturar o barco obxectivo intacto, xunto con calquera carga que puidese conter. Cunha reputación o suficientemente sanguinaria, un pirata que lanzase ao vento a Jolly Roger podería intimidar a tripulación inimiga e obrigala a renderse sen disparar nin un só canón. Tipicamente, se un barco decidía resistirse, a Jolly Roger era recollida e alzábase a bandeira vermella, indicando que os piratas ían tomar o barco pola forza e sen mostrar ningunha compaixón. Esperábase en moitas tripulacións que este curso da acción podería axudar a estender a idea de que resistirse era unha mala idea para o barco.

Izar a Jolly Roger demasiado pronto como única bandeira tiña tamén as súas desvantaxes. O barco inimigo podería ter suficiente tempo para escapar. Ademais, as naves de guerra estaban a miúdo baixo ordes de disparar a calquera barco que mostrase esta bandeira.

Galería de Jolly Roger

Na seguinte galería amósanse diferentes deseños da Jolly Roger, figurando ao pé o nome do pirata que a utilizaba.

Véxase tamén

Outros artigos