Pratos combinados: Diferenzas entre revisións
Liña 323: | Liña 323: | ||
*O episodio 170, "Todos cantan panxoliñas", foi o máis longo de todos os que se emitiran ata a data da súa emisión, con máis de 80 minutos de duración. Nese episodio podemos oir o número do móbil de Tuto (632003227), cando llo di a Paula. |
*O episodio 170, "Todos cantan panxoliñas", foi o máis longo de todos os que se emitiran ata a data da súa emisión, con máis de 80 minutos de duración. Nese episodio podemos oir o número do móbil de Tuto (632003227), cando llo di a Paula. |
||
*No episodio 178, "O actor revelación", no que Miro se converte no protagonista dunha telenovela da televisión local, "O marqués dos mil amores", cambia adquire o nome artístico de Ramiro Alberto Pereira, por suxestión de Antón. |
|||
*Desde o primeiro episodio, as sintonías de cabeceira e de peche da serie eran versións musicais da canción "Down by the River", de [[Albert Hammond]]. A partir do episodio 212, cambiouse a cabeceira por un tema creado para a serie, cantado por [[Alberto Cunha]] (que interpretou un peronaxe no episodio 235 da serie), a sintonía de peche tamén se cambiou por unha versión instrumental do novo tema. |
*Desde o primeiro episodio, as sintonías de cabeceira e de peche da serie eran versións musicais da canción "Down by the River", de [[Albert Hammond]]. A partir do episodio 212, cambiouse a cabeceira por un tema creado para a serie, cantado por [[Alberto Cunha]] (que interpretou un peronaxe no episodio 235 da serie), a sintonía de peche tamén se cambiou por unha versión instrumental do novo tema. |
Revisión como estaba o 5 de outubro de 2010 ás 22:23
Pratos combinados | |
---|---|
Formato | Comedia |
Creado por | Xosé Cermeño |
Dirixido por | Chema Fernández Vilas, Ernesto Chao (director de actores) |
Intérpretes | Ernesto Chao Mabel Rivera Antonio Durán "Morris" Manuel Millán Xosé Manuel Olveira "Pico" Susana Dans Guillermo Carbajo Mónica García María Castro Serxio Pazos |
País de orixe | Galicia |
Episodios | 261 |
Produción | |
Duración | 30 minutos as duas primeiras temporadas, 55 minutos ás seguintes |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Formato de imaxe | 4:3 |
Primeiro episodio | 28 de decembro de 1995 |
Derradeiro episodio | 24 de maio de 2006 |
Na rede | |
http://www.crtvg.es/tvg/programas/pratos-combinados | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pratos combinados foi unha serie de televisión emitida por TVG en Galicia desde o 28 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión en Galicia xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.
Estreouse o 1 de decembro de 1995 e tivo un gran éxito ao ter unha boa cota de pantalla e ao superar en ocasións a dura competencia de teleseries españolas como Aquí no hay quien viva ou Los Serrano.
A serie foi creada polo escritor Xosé Cermeño, autor tamén da primeira serie de ficción galega (Os outros feirantes), e baixo a súa dirección participaron guionistas como Rosa Castro, Raúl Dans, Denis López, Germán R. López, Xavier Manteiga, Roberto G. Méndez, Miguel Anxo Murado, Jacobo Paz, Cándido Pazó, David Planell ou Paula de Sáa.
Argumento
Miro Pereira coa súa dona Balbina e demais familia -retornados da emigración- rexentan un típico bar galego, o Suízo, por onde pasan personaxes cómicos coma o vividor Antón ou o repartidor Paspallás.
Miro, o protagonista, xunto co seu cuñado Antón, sempre andan a argallar para poder obter cartos ou irse de festa. Para isto, non dubidan en enganar aos seus amigos ou contar coa axuda de Roi e Paula, os fillos do avogado Barreiro.
Reparto
- Ramiro "Miro" Pereira Ríos (Ernesto Chao). Dono do Bar Suízo, un tipo moi especial, home de poucas luces, avarento, lacazán, non moi limpo, rosmón, zoupón... aínda que ten o seu pequeno corazón. Atende aos clientes de mala maneira, cociña empanadas de cascas de cacahuete, café sen café (con tonas de patacas), bocadillos con fotocopia de xamón (iso si, fotocopias de cor) e outras 'especialidades culinarias'. Pasa o tempo facendo encrucillados, coleccionando cromos, xogando á petanca... e tamén lle gusta ir de caza e de pesca. En ningún destes pasatempos destaca, precisamente, polo seu bo facer. Entre as súas expresíons habituais, a máis popular é: "¡Me cagho no mundo!".
- Balbina Santos (Mabel Rivera). É a muller de Miro, con quen ten dous fillos: Rosalía e Migueliño. Unha cociñeira exemplar, que non se fía do seu home e, sobre todo, do seu irmán Antón. Farta da vida que levaba, marcha para Baiona a montar un negocio de hostelería para iates xunto coa súa filla, deixándolle a súa parte do bar á súa prima Olimpia.
- Primeira aparición: Episodio 001 (1995).
- Última aparición: Episodio 210 (200_).
- Antón Santos (Antonio Durán "Morris"). É o irmán de Balbina. É un egoísta e avarento empregado da Caixa de Aforros (despois chamada Banco Moderno Universal), que sempre pensa en zafarse do traballo e en comer e tomar cervexas de balde no bar da súa irmá. Contínuamente argalla plans xunto co seu cuñado, aínda que saiba que este non é moi listo, para ir de caza, gañar cartos ou traballar aínda menos do pouco que traballa. É bastante mullereiro, pero para el importan máis os cartos e a comida, tendo unha especial predilección polas nécoras. Ten amigos dos que se hai que fiar tan pouco ou menos ca del mesmo.
- Rosalía Pereira Santos (Eva Fernández). É a filla de Miro e Balbina. É una moza estudosa, que chega a ser profesora. Tamén bota algunha man no bar cando fai falla.
- Miguel "Migueliño" Pereira Santos (Braulio Veiga). É o fillo de Miro e Balbina. Ten carácter ecoloxista, aínda que parece que herdou, en menor medida, a afección de seu pai e seu tío polos cartos.
- Primeira aparción: Episodio 001 (1995).
- Última aparición: (199_)
- Carmen Ríos, "Avoa Carme" (Feli Manzano). É a nai de Miro. Fai unhas empanadas moi recoñecidas. Habitual das actividades levadas a cabo polo club de xubilados. Ao primeiro vive na casa dos Pereira, pero despois vive na casa da aldea, transformada na Casa de turismo Pereira. Cultiva a horta e cría animais.
- Paspallás (Serxio Pazos). É o repartidor que lle leva as bebidas ao bar... e tamén as facturas que Miro nunca lle paga. Adoita facer unha pausa no reparto para xogar ao "Chinchimoni" con Miro e Antón. Quere conquistar a Mónica, aínda que non ten moito éxito con ela.
- Charo (María Bouzas) É veciña dos Barreiro, amiga de Balbina e compañeira sentimental de Antón, con quen ten moita paciencia, pero con quen adoita perder os nervios. Ofrécenlle un bo emprego en Hamburgo, onde ten uns familiares, e tras a negativa de Antón a casar con ela, decide aceptar a oferta. Antón múdase a vivir no seu piso, no que xa pasaba moito tempo cando vivía ela nel.
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición: (200_).
- Pedro Barreiro (Xosé Manuel Olveira "Pico"). Viúvo e avogado de profesión. Amante de pasatempos relaxados, rifa a miúdo cos seus fillos, Paula e Roi. Espera que súa filla sente a cabeza e se esqueza do seu soño de ser actriz. De novo foi un rockeiro coñecido co nome de "Perico Pelanas". É veciño de Charo (despois de Antón).
- Paula Barreiro #1 (Cristina Castaño). É a filla de Pedro Barreiro e irmá de Roi, quere ser actriz, pero estuda económicas.
- Paula Barreiro #2 (María Castro). É a filla de Pedro Barreiro e irmá de Roi, quere ser actriz, pero estuda económicas.
- Roi Barreiro (Guillermo Carbajo). É o fillo de Pedro Barreiro e irmán de Paula.
- Mónica Regueiro (Mónica García). É a nova camareira do bar. Habitualmente é primeira en desconfiar das intencións de Miro e Antón. Asiste a clases de informática.
- Padre Nicanor (Manuel Millán). É o cura párroco, amante das empanadas de dona Carme. Aínda que ten colaborado con obras sociais, o máis habitual é que pida cartos que para a igrexa ou para Santa Rita. Crente convencido... ou case.
- Primeira aparción: (199_)
- Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
- Tuto (Josito Porto). É dependente do quiosco que está en fronte do bar Suízo, trala marcha do seu anterior quiosqueiro. A miúdo sofre os males de ser atendido por Miro, coma o bocadillo de xamón sen xamón.
- Olimpia Cortizo Santos (Susana Dans). É prima de Balbina e Antón. Administradora do bar despois da marcha de Balbina, quen lle deixou a súa parte do bar, para desgraza de Miro.
- Mariana (Mariana Carballal). Farmacéutica de profesión, é amiga de Balbina.
- Primeira aparción: (200_)
- Última aparición: Episodio 161 "Grazas por todo" (2006).
- Raquel "Raqueliña" Fernández Vilas (Mariña Sampedro). É sobriña do padre Nicanor quen se ten que facer cargo dela, pero pasa a vivir na casa dos Pereira, con Miro e Olimpia, para ter un fogar máis estable.
- Gutiérrez (Evaristo Calvo). É o director da Caixa de Aforros, que despois pasa a ser o Banco Moderno Universal, onde traballa Antón. É fillo do Presidente do Consello de Administrador da devandita entidade.
- Garda Avelino (Avelino González). É un garda da Policía Municipal que fai a rolda polo barrio.
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición: (200_).
- Etiliano (Tuto Vázquez). É un cliente alcólico do bar "Suízo".
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición:
- Tomás Vilariño (Santi Prego). É un escritor que para ocasionalmente no bar Suízo, onde lle ten asinado a varios lectores exemplares de novelas súas.
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición: (199_).
- Peláez (Alfonso Agra), é compañeiro de Antón na Caixa de Aforros (despois Banco Moderno Universal) e, xunto con el, subordinado do señor Gutiérrez.
- Alcalde (Miguel Pernas).
- Primeira aparción:
- Última aparición:
- Alcalde (Manuel Botana).
- Primeira aparción:
- Última aparición: (2006).
- Fran (Fernando Dacosta). É o noivo de Rosalía, coa que acaba casando. É pediatra.
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición: (199_).
- Pepiño (Esteban Yáñez). É amigo de Migueliño. Adoita verse pedindo un donativo para a A.R.S.I., a Asociación de Rapaces con Suspensos Inxustos.
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición:
- Henrique (Enrique Rivadulla). É cliente habitual do bar Suízo, pese a sufrir decote ser atendido por Miro (quen se dirixe a el chamándoo "King Kong"), polo que adoita saír do bar anoxado, sendo un dos moitos clentes que sae do bar tras dicir: "¡Isto é un escándalo, Pereira!".
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
- Campos (Campos). É o dependente do quiosco Campos, que está en fronte do bar "Suízo", do que é cliente habitual. Despois o quiosco pasa a ser levado por Tuto.
- Primeira aparción: (1995).
- Última aparición: (199_).
- "Microbio". É unha cativa que adoita visitar o bar Suízo. Miro sempre se dirixe a ela chamándoa "microbio", ao que ela lle responde: "Eu non son un microbio".
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición: (199_).
- Paula. É unha amiga de Migueliño e Pepiño. É morena e leva lentes. Non se debe confundir con Paula Barreiro, coa que nunca coincidiu.
- Primeira aparción: (199_).
- Última aparición: (199_).
- Carteiro Dans (Juanillo Esteban). É un carteiro habitual da zona.
- Don Ramiro Pereira Fontes (Ernesto Chao). É o finado home da señora Carme (ou Carmiña, como lle chamaba el) e pai de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.
- Primeira aparción: (200_).
- Última aparición: (200_).
- Ramiro Pereira da Silva (Ernesto Chao). É o finado avó de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.
- Primeira aparción: Episodio 203 "Haiche moito fantasma".
- Tía Herminia. É unha tía de Miro da que se fala en ocasións. Miro adoita poñer a delicada saúde desta muller como escusa para ausentarse da casa. É un personaxe que só se menciona, pero nunca se viu na pantalla.
Outros intérpretes
- Xulio Abonjo como: (...) ("Todos cantan panxoliñas")
- Rosa Álvarez como: Carolina (Cap. 105)/ Sra. Bergón (Cap. 106)/ Georgia Armario (Cap. ???)
- Manuel Areoso como: Olimpio (Cap. 082)
- Juanín Ares Gondell
- Xosé Lois Bernal "Farruco" como: Indalecio (Cap. 165)
- Carlos Blanco
- Isabel Blanco
- Uxía Blanco como: Uxía (Cap. 261)
- Matilde Blanco
- Miguel Borines Fernández
- Camila Bossa
- Lino Braxe
- Emilio Buale como: Maloo (Cap. 108)
- César Cambeiro
- Luis Campos (Cap. 108)
- María Campos
- Paco Campos
- Xan Casas
- Monti Castiñeiras Silverio "O Gran Tarinsky" (Cap. 195)
- Nacho Castaño como: Mensaxeiro (Episodio: "Ideas peregrinas").
- Mercedes Castro (Cap. 105)
- Blanca Cendán
- Alberto Comesaña
- Xosé Manuel Conde
- Belén Constenla
- Dami Contreras
- Alberto Cunha (Cap. 235).
- Susana Dans como: Sara Peñafiel (Cap. 165)
- Xabier Deive
- Ronaldo Delgado
- Donato como: el mesmo
- Óscar Durán como: (...) (Cap. ???)/ Lourenzo Taboada (Cap. 250)
- José Ángel Egido
- Fernando Epelde como: ¿Telesforo? (Episodio: "Ideas peregrinas").
- Xavier Estévez
- Víctor Fábregas como: Tucho (Cap. 211) / (Cap. "Buscar na enciclopedia")
- Margarita Fernández
- Nekane Fernández
- Eva Francisco
- Myriam Gallego
- Bea García (1 cap.)
- Jouse García
- Xosé Ramón Gayoso
- César Goldi como: (...) (Cap. 173) (acreditado como Goldie)
- Luma Gómez (1 episodio)
- Tacho González
- Sancho Gracia
- Ana Kiro como: ela mesma
- Tucho Lagares como figurante ("Todos cantan panxoliñas")
- Daniel Lago Barreiro como: Ramón "Moncho" (Cap. 238)
- Xulio Lago
- Mónica Laxe (Cap. 105)
- Roberto Leal
- Paco Lodeiro
- Humberto Longueira como figurante (dous episodios) (maio de 2006)
- Miro Magariños
- Beatriz Manjón
- Manuel Manquiña como Pepe Saborido (Cap. 111) (acreditado como Manquiña)/ ...
- Luísa Merelas
- Aitana Míguez como: Andrea, sobriña de Pedro (Cap. 166)/(...) ("Todos cantan panxoliñas")
- Rebeca Montero
- Vicente Montoto
- Víctor Mosqueira
- Fernando Morán
- Iolanda Muíños (Cap. 178)
- Marcos Orsi como: Luís Delgado (Cap. 106)
- Pampano (Cap. 120)
- Cristina Pato como: Cristina (Cap. 170)
- Santiago Pemán como: el mesmo
- Pepe Penabade
- Anita Penido (Cap. 120)
- Xoán Pérez (Cap. 106) (Cap. 15?) (Cap. 166)
- Xosé Manuel Piñeiro como: axente de policía.
- Toñito de Poi
- Manuel Pombal como: Rodolfo Aguinaga/ Vendedor (Cap. 211)
- Ana Puente
- Pilar G. Rego (Cap. 174)
- Salvador del Río como Rodrigo/ (...).
- Rubén Riós (Cap. 178)
- Rubén Ríos
- Merchy Rodriguez (Cap. 120)
- Pablo Rodríguez
- Fernando Romay como: Pepe Pippen "O rei das cestas".
- Manolo Romón como: Carmelo Sampedro (Cap. 160)
- Olaia Salgado
- Toni Salgado
- Mara Sánchez como: (...)/ (...).
- Carlos Sante (Episodio: "O profesional do ano").
- Loli Santos
- Elena Seijo (Cap. 166)
- Miguel Seoane (Cap. 174)
- Carmen Sotelo
- Marisa Soto
- Ruben Souto como: (...) ("Todos cantan panxoliñas")
- Vicente de Souza
- Manuel Suárez como: Monxe franciscano (Cap. 161)
- Pepo Suevos como: Pepe ("O ladrón de extintores") (acreditado como Pepe Suevos)
- Tatán
- Mago Teto
- Luis Tosar
- Gonzalo Uriarte como: Inspector de fancenda (Cap. 164)
- Antonio de Valdivielso
- Patricia Vázquez
- Paula Vázquez
- Luisa Veira (Cap. ???)/ (Cap. 178)
- Concha Velasco como: ela mesma (imaxes de arquivo)
- Don Vila como: el mesmo
- Roberto Vilar como: (...)/ (...) (Cap. 176)/ Tonecho (Cap. 211)
- Luis Zahera como: (Cap. 0??)/ Hugo Pastrala (Cap. 178). O seu primeiro papel en televisión foi nesta serie.
- Sergio Zearreta
Aparicións dos personaxes fóra da serie
- Nunha gala especial do programa "Xabarín Club" (TVG), presentada por Antonio Durán "Morris" e por Silvia Superstar, o Inspector Tomé foi cara a rúa do bar suízo, onde falou co quiosqueiro Campos, con Migueliño e Pepiño, con Miro... E, tal vez, con Balbina, Rosalía, a avoa Carme, e Paspallás. Antón non aparecía nesta reportaxe entre os personaxes, posiblemente, por ser Antonio Durán "Morris" (o actor que o interpreta) un dos presentadores da gala.
- Nun programa especial do coñecido "Supermartes", concurso da TVG presentado por Xosé Manuel Piñeiro, concursaron personaxes de "Pratos combinados" contra personaxes de "A familia Pita", as dúas series de ficción galegas de aquel momento. De "Pratos combinados" participaron Miro, Antón, Rosalía, Paspallás e a avoa Carme. E de "A familia Pita" estaban María Pita (Elina Luaces), Don Arturo (Manolo Botana), Primitivo (Óscar Durán), Manuel (Manuel Millán) Lola María Bouzas, os dous últimos actores, pasarían anos despois a formar parte do reparto de "Pratos combinados". O programa emitiuse o 24 de decembro de 1996.
- Na serie "Pequeno Hotel" era habitual contar con rostros coñecidos, incluíndo personaxes doutras series da TVG. De "Pratos combinados" interviñeron: Ernesto Chao, Antonio Durán "Morris" e Serxio Pazos.
- Hai un episodio especial no que se cruzan as dúas series de ficción galegas que se emitían neses momentos: "Mareas vivas" e "Pratos combinados". O especial foi emitido, posiblemente, un 24 de decembro de 1998.
- Miro e Antón protagonizaron unha campaña publicitaria para a empresa "Cociñas Carballo", aparecendo en dúas variantes do anuncio televisivo desa campaña.
- Miro e Antón protagonizaron un anuncio televisivo ambientado o bar "Suízo" para promocionar a introdución do Euro. O anuncio foi emitido nos intermedios de varios episodios dunha temporada da serie.
- Miro Pereira protagonizou un anuncio televisivo sobre un evento de pesca.
Trivialidades
- Miro Pereira é de Ribadavia, terra tamén de Ernesto Chao.
- Segundo un episodio dunha das primeiras temporadas, o programa de televisión favorito de Miro é "Os Picapedra". Anos despois, no episodio "Ideas peregrinas" Miro pídelle permiso a Antón para quedar no piso de Charo para ver "Os Picapedra".
- Paspallás fixo a mili en Ferrol, segundo di el mesmo nun episodio.
- Miro fixo a mili en Ceuta, segundo lle di el mesmo a Antón no episodio 195.
- Desde o episodio 105, "Un ano despois", vemos a Tuto como dependente do quiosco que está fronte ao bar Suízo, ocupando o posto no que durante anos estivo Campos. Pero non foi ata bastante tempo despois, cando o letreiro "Kiosko Campos" fose cambiado polo de "Quiosco Tuto".
- No episodio 106, "Pasou un anxo", coméntase que Roi ten 12 anos, que a nai de Charo morreu tres anos atrás, que Pedro liderara un grupo de rock baixo o alcume de Perico Pelanas...
- Os personaxes da serie manexando billetes de Euro antes de que esa moeda fose posta en circulación na vida real.
- Ernesto Chao á parte de interpretar a Miro Pereira na serie, interpretou outros papeis en varios episodios: O fantasma de don Ramiro (pai de Miro) en dous episodios, o presidente dunha república no episodio "Un asunto de estado", e varios personaxes (executivo, carteiro, ciclista, Sr. Piñeiro) no episodio "Un millón de Pereiras" que daban pé a ser confundidos con Miro.
- Antonio Durán "Morris" interpretou a un cliente do bar "Suízo", ao que Miro confundía con Antón no episodio, "Un millón de Pereiras".
- Serxio Pazos interpretou ao fillo do Demo, que se lle aparecía a miro co rostro de Paspallás, nun episodio.
- O episodio 170, "Todos cantan panxoliñas", foi o máis longo de todos os que se emitiran ata a data da súa emisión, con máis de 80 minutos de duración. Nese episodio podemos oir o número do móbil de Tuto (632003227), cando llo di a Paula.
- No episodio 178, "O actor revelación", no que Miro se converte no protagonista dunha telenovela da televisión local, "O marqués dos mil amores", cambia adquire o nome artístico de Ramiro Alberto Pereira, por suxestión de Antón.
- Desde o primeiro episodio, as sintonías de cabeceira e de peche da serie eran versións musicais da canción "Down by the River", de Albert Hammond. A partir do episodio 212, cambiouse a cabeceira por un tema creado para a serie, cantado por Alberto Cunha (que interpretou un peronaxe no episodio 235 da serie), a sintonía de peche tamén se cambiou por unha versión instrumental do novo tema.
- Varios actores do reparto habitual da serie xa interviñeran anteriormente con outros papeis: Mariana Carballal como Laura (Cap. 120), Susana Dans como Sara Peñafiel (Cap. 165), Mónica García, Manuel Millán como Ricardiño, Xosé Manuel Olveira "Pico", Josito Porto como borracho.
- Personalidades mencionadas na serie: Pedro Almodóvar, Karlos Arguiñano, Bigote Arrocet, Antonio Banderas, Sean Connery, Penélope Cruz, Clint Eastwood, Albert Einstein, Xosé Ramón Gayoso, Melanie Griffith, Jack Nicholson, Al Pacino, Pablo Picasso, Julia Roberts, Ronaldo, Spice Girls...
- Personaxes de ficción mencionados na serie: Batman, o pato Lucas, os Picapedra, Piolín, Shin Chan...
- En Beade (Vigo) abriuse no ano ¿2005? unha cafetería chamada "A casa de Miro Pereira", na que se expoñían fotografías dedicadas do reparto da serie neses momentos (Ernesto Chao, Antonio Durán "Morris", Xosé Manuel Oliveira "Pico", Mónica García...), fotografías dos decorados ou mesmo obxectos aparecidos na serie. Era habitual que se programasen actuacións (Miguel Lago, Pepo Suevos...). Entre decembro de 2006 e xaneiro de 2007 a cafetería traspasouse, cambiando de nome e de decorado.
- No episodio 105, "Un ano despois", fai a súa primeira aparición a familia Barreiro. No mesmo episodio revélase que o seu enderezo é: Rúa Castelao, 15 - 2ºB.
- No episodio 161, "Pereira está feito un mozo", Paula di que ten 20 anos.
- Ao longo da serie, mendiónanse diferentes empregos que Miro levou a cabo cando estivo emigrado en suíza. No episodio 161, "Pereira está feito un mozo", Antón dille a Peláez que Miro traballou en suíza engraxando ascensores.
- Mabel Rivera deixou a serie tralo éxito colleitado polo filme Mar adentro, de Alejandro Amenábar, baseado na vida e morte Ramón Sampedro. A historia de Ramón Sampedro xa fora reflectida anteriormente noutra película, Condenado a vivir, protagonizada por Ernesto Chao no papel de Sampedro.
- Nun programa do concurso "Supermartes" (TVG), o actor Guillermo Montesinos falou dun proxecto no que ía traballar: Unha versión de "Pratos combinados" en castelán rodada para unha canle de televisión de España (Antena 3, posiblemente). ¿Sería unha broma?
- Na serie "Aquí no hay quien viva" (Antena 3) participaron en varios episodios Ernesto Chao e Manuel Millán. Chao interpretou a un reitor de universidade chamado Ramiro e Millán xa interpretara ao Padre Miguel, un cura de aspecto e carácter semellantes aos do Padre Nicanor.
- Nunha edición do programa "A Repanocha", presentado por Tacho González e Isabel Blanco, algúns dos actores da serie, coma Ernesto Chao, abriron o programa contando cadanseu chiste.
- Na edición do programa "Cifras e letras" emitida o 18 de marzo de 2008 (dedicado ao "Heavy Metal") un concursante construíu a palabra "Suízo", ao que o presentador, Paco Lodeiro, respondeu "O bar de Miro Pereira".
- [Sección en creación]. Ep.: "Alimentos de toda confianza": "Quen ten información, come lacón", "Con 'Flor da Parrameira', alimentos de primeira". "Con Rodolfo Aguinaga quen a fai sempre a paga".
- No episodio "Cerrado por defunción", Balbina preséntase ao inspector de Facenda como Balbina Santos de Pereira.
- Última frase da serie: Miro [dirixíndose aos espectadores despois de colgar o cartel de "PECHADO" na porta do bar]: "¡Ah! ¡E moitas gracias por todo, me cagho no mundo!".
Guía de episodios
1ª temporada. Episodios 001-013
- Reparto: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Serxio Pazos, Feli Manzano, Eva Fernández, Braulio Veiga.
- 001. "Unha intelixencia natural" (estrea: 28 de decembro de 1995)
- 002.
- 003.
- 004.
- 005.
- 006.
- 007.
- 008.
- 009.
- 010.
- 011.
- 012.
- 013.
?ª temporada. Episodios 0??-???
- 014.
- 015.
- 016.
- 017.
- 018.
- 019.
- 020.
- 021.
- 022.
- 023.
- 024.
- 025.
- 026.
- 027.
- 028.
- 029.
- 030.
- 031.
- 032.
- 033.
- 034.
- 035.
- 036.
- 037.
- 038.
- 039.
- 040.
- 041.
- 042.
- 043.
- 044.
- 045.
- 046.
- 047.
- 048.
- 049.
- 050.
- 051.
- 052.
- 053. "O tío Benigno"
- 054. "Os candidatos"
- 055. "O crecepelo"
- 056. "Cociñeiros de París"
- 057. "A primitiva"
- 058. "O apartamento"
- 059. "Un producto caducado"
- 060. "Para mulleres soamente"
- 061. "A dieta de Pereira"
- 062. "O baile"
- 063. "Enquisas"
- 064. "Un pai á medida"
- 065. "O divorcio de Balbina"
- 066. "Búscase un millonario"
- 067. "¿Onde vai o meu ordenador?"
- 068. "A universidade da vida"
- 069. "Un novo país"
- 070. "Benvido don Marcial"
- 071. "Estrelas da canción"
- 072. "O mago Pereira"
- 073.
- 074. "Vellos amigos"
- 075.
- 076.
- 077.
- 078. "¿Que tal andas de memoria?"
- 079. "Heroe por accidente"
- 080. "Camareiro"
- 081. "Miss Bar Suízo"
- 082. "A intoxicación"
- 083. "Negocio subterráneo"
- 084. "Antón busca traballo"
- 085. "Véndese o bar Suízo"
- 086. "Regalo de vodas"
- 087. "O amigo de Rosalía"
- 088. "O record do bar Suízo"
- 089.
- 090. "Un día con Inés"
- 091.
- 092. "O rei das cestas"
- 093.
- 094.
- 095. "Gato por lebre"
- 096.
- 097. "Seguro que cobras"
- 098.
- 099. "Novos impostos"
- 100. "A voda"
- 101. "Un rapaz moi desprendido"
- 102. "As vacacións ecolóxicas"
- 103. "Adeus bar Suízo"
- 104. "Todo ben recollido"
6ª temporada. Episodios 105-120
- Reparto: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", María Bouzas, Xosé Manuel Olveira "Pico", Cristina Castaño, Guillermo Carbajo, Serxio Pazos, Mónica García, Feli Manzano.
- 105. "Un ano despois"
- 106. "Pasou un anxo"
- 107. "Lonxe de África"
- 108. "A irmá descoñecida"
- 109. "Mal de amores"
- 110. "Un problema de conciencia"
- 111. "Morto sen sabelo"
- 112. "O problema da vivenda"
- 113. "Historias de amor en Internet"
- 114. "O pequeno Pereira"
- 115. "A vida é teatro"
- 116. "Pura fantasía"
- 117. "Unha cea de cine"
- 118. "Os conferenciantes"
- 119. "Un minuto de gloria para Miro"
- 120. "Intensa vida social"
?ª temporada. Episodios 121-1??
- 121. "O presidente ideal"
- 122. "O seguro cóbreo todo"
- 123. "Esa señora é meu pai"
- 124. "Afortunado no xogo"
- 125. "Patinaxe artística"
- 126. "Unha noite na ópera"
- 127. "Un barrio de artistas"
- 128. "Crime e castigo"
- 129. "A verdadeira sabedoría"
- 130. "Función de gala"
- 131. "Unha muller feliz"
- 132. "Todo é reciclable (menos o amor)"
- 133. "Prognóstico reservado"
- 134. "Un morto moi vivo"
- 135. "Non todo é traballar"
- 136. "Tomar medidas"
- 137. "Nubes e claros"
- 138. "Fraude fiscal"
- 139. "Denuncia, que algo queda"
- 140. "O tesouro"
- 141. "O estilo Pereira"
- 142. "Unha obra de arte"
- 143. "Isto é un atraco"
- 144. "Avenida Señor Pereira"
- 145. "Turismo europeo"
- 146. "Un merecido ascenso"
- 147. "Xente con sorte"
- 148. "Xa están aquí"
- 149. "Un orador moi distinguido"
- 150. "Paxaros pouco recomendables"
- 151. "O abominable home do bar Suízo"
- 152. "Secuestrado!"
- 153. "Pereira e o diaño"
- 154. "Ideas peregrinas"
- 155. "O restaurador"
- 156. "Un asunto de estado"
?ª temporada. Episodios 157-1??
- Reparto: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Josito Porto, Manuel Millán, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Serxio Pazos, Mónica García, Feli Manzano.
- 157. "Os versos de Pereira"
- 158. "A silueta perfecta"
- 159. "Un par de boas pezas"
- 160. "Falando con Paula"
- 161. "Pereira está feito un mozo"
- 162. "O Salmonete de Ouro"
- 163. "Un millón de Pereiras"
- 164. "Cerrado por defunción"
- 165. "O vello Pereira ataca de novo"
- 166. "Especies protexidas"
- 167. "Por San Pantaleón, o cura corta o xamón"
- 168. "Pura psicoloxía"
- 169. "Música en directo"
- 170. "Todos cantan panxoliñas"
- 171. "O ladrón de extintores" (estrea: 15 de febreiro de 200?)
- 172. "Un xusto gañador"
- 173. "Facer o parrulo"
- 174. "Alimentos de toda confianza"
- 175. "O hipnotizador"
- 176. "O avogado das silveiras"
- 177. "O título de propiedade"
- 178. "O actor revelación"
- 179. "Vitaminas concentradas"
- 180. "Unha vida nas misións"
- 181. "Miro Pereira necesita relax"
- 182. "O vendedor de coches usados"
- 183. "O novo párroco"
- 184. "Reserva especial"
- 185. "Peixe fresco"
- 186. "Miro e Antón e o santo patrón"
- 187. "O carteiro chama cando pode"
- 188. "O deporte do Parchís"
12ª temporada. Episodios 189-211
- Reparto: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Josito Porto, Manuel Millán, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Serxio Pazos, Mónica García, Feli Manzano.
- 189. "Unha larpeirada cos amigos"
- 190. "O museo celta"
- 191. "A granxa de porcos"
- 192. "Nacidos para ser artistas"
- 193. "Flamenco no bar Suízo"
- 194. "Os anuncios de Pereira"
- 195. "Nadal con moita maxia"
- 196. "Pereira e os pozos de petróleo"
- 197. "Un sabio de concurso"
- 198. "Auto servizo Pereira"
- 199. "O novo Titanic"
- 200. "Miro Pereira o conquistador"
- 201. "Arte a esgalla"
- 202. "Enfermos con moita saúde"
- 203. "Haiche moito fantasma"
- 204. "Dous atletas de primeira"
- 205. "Os perigos de pescar salmón"
- 206. "Caracois en prebe picante"
- 207. "Os Chantaxistas"
- 208. "O baile de disfraces"
- 209. "O mellor futbolista do Brasil"
- 210. "Non todo vai ser fútbol"
- 211. "Miro e Antón fan negocios cos Tonechos" (estrea: 2004)
13ª temporada. Episodios 212-235
- Reparto: Ernesto Chao, Antonio Durán "Morris", Susana Dans, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Mónica García, Manuel Millán, Feli Manzano, Sergio Pazos, Josito Porto, Mariana Carballal, Mariña Sampedro.
- 212. "Chega a prima Olimpia" (estrea: 2004)
- 213. "O monstro da aldea"
- 214. "O sobriño do párroco"
- 215. "Decoración con estilo"
- 216. "O Banco Moderno busca directivos"
- 217. "O negocio de don Nicanor"
- 218? "Un aire fresquísimo"
- 219. "Elvis vive e cultiva tomates"
- 220. "Sinistro total"
- 221. "A moeda de ouro"
- 222. "A encargada ideal"
- 223. "A solución definitiva para as multas"
- 224. "Un home para partirse de risa"
- 225. "A mellor lotería é ter saúde"
- 226. "Queridos Reis Magos" (estrea: 5 de xaneiro de 2005)
- 227. "As esmeraldas da tía Virtudes"
- 228. "Non me chamo Miriño"
- 229. "Ouro de moitos quilates"
- 230. "A ovella celta"
- 231. "Grandes cacerías"
- 232. "O Cobrador da Gaita"
- 233. "Especialistas en caixas fortes" (estrea: 13 de abril de 2005)
- 234. "Asasinato na aldea" (estrea: 20 de abril de 2005)
- 235. "Clientes moi famosos"
14ª temporada. Episodios 236-261
- Reparto: Ernesto Chao, Antonio Durán "Morris", Susana Dans, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Mónica García, Manuel Millán, Feli Manzano, Sergio Pazos, Josito Porto, Mariana Carballal, Mariña Sampedro.
- 236. "Milagres e outros fenómenos inexplicables" (estrea: 2005)
- 237. "O fútbol éche así"
- 238. "Crema rexuvenecedora"
- 239. "O novo oficio de Nicanor"
- 240. "O profesor de Raquel"
- 241. "O golpe definitivo"
- 242. "Pallasos en acción"
- 243. "Antón Santos, felizmente casado"
- 244. "O pozo dos milagres"
- 245. "Unha sorpresa para Olimpia"
- 246. "Miro e Antón ao galope"
- 247. "O triunfo dos homes decididos"
- 248. "O profesional do ano"
- 249. "A comida dos campións"
- 250. "Contrato de alta dirección" (estrea: 2006)
- 251. "Debaixo das baldosas hai de todo"
- 252. "Un novo socio para Olimpia"
- 253. "Don Nicanor Superstar"
- 254. "O carné de conducir"
- 255. "Animaliños simpáticos e intelixentes"
- 256. "O horóscopo"
- 257. "Pereira e a empanada de berberechos"
- 258. "Alarma social"
- 259. "Xubilación anticipada"
- 260. "Buscar na enciclopedia" (17 de maio de 2006)
- 261. "Moitas gracias por todo" (24 de maio de 2006)
Títulos de varios episodios:
- 0??. "Cartas de amor"
- ???. "Grandes esperanzas"
- ???. "Noite de rock"
- ???. "Revistas do corazón"
- ???. "Unha Noite de Rock"