Diocese: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: simple:Diocese
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Bisdom
Liña 61: Liña 61:
[[fi:Hiippakunta]]
[[fi:Hiippakunta]]
[[fr:Diocèse]]
[[fr:Diocèse]]
[[fy:Bisdom]]
[[he:דיוקסיה]]
[[he:דיוקסיה]]
[[hr:Dijeceza]]
[[hr:Dijeceza]]

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2010 ás 10:10


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Distribución das dioceses en Galicia
División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos

.

Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo, etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados. En Galiza hai 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela:

  • Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias)
  • Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias)
  • Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias)
  • Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias)
  • Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias)

Hai ademais na Galiza territorial de administración política dous anacos que pertencen outras dúas dioceses que non están completamente en Galiza:

  • Astorga (cinco arciprestados do oriente ourensán);
  • Oviedo (unhas poucas parroquias do oriente lugués);

O nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.

Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).

O termo diocese é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a Igrexa Católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.

Véxase tamén

Ligazóns exteriores