Premio Pulitzer: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 485: Liña 485:
[[th:รางวัลพูลิตเซอร์]]
[[th:รางวัลพูลิตเซอร์]]
[[tr:Pulitzer Ödülü]]
[[tr:Pulitzer Ödülü]]
[[uk:Пулітцерівська премія]]
[[uk:Пуліцерівська премія]]
[[vi:Giải Pulitzer]]
[[vi:Giải Pulitzer]]
[[yi:פוליצער פרייז]]
[[yi:פוליצער פרייז]]

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2010 ás 17:19

Os Premios Pulitzer son unha serie de 21 galardóns que abranguen as modalidades de teatro, literatura, música e xornalismo, e que se entregan cada ano arredor do mes de abril nos Estados Unidos, sendo a máxima distinción á tarefa profesional co que se poede galardoar ós profesionais da prensa naquel país.

Historia

Medallas de ouro gañadas polo Servizo Público
Medallas de ouro gañadas polo Servizo Público

No seu testamento, redactado en 1904, Joseph Pulitzer chama á creación deste premio co obxectivo de estimular a excelencia. El menciona nese momento soamente trece premios, dos que catro eran para o xoranlismo, catro para o dominio da literatura e o teatro, un para a educación. Sensible ós cambios da súa época, Pulitzer constituíu unha comisión de vixilancia consultativa e deulle o poder de substituír certos temas, sempre que a comisión xulgue que iso será en beneficio do público. Deulle igualmente o dereito de non outorgar o premio se ningunha obra corresponde ós criterios de excelencia do xurado.

Conforme a vóntade de Pulitzer, é o presidente da Universidade de Columbia quen anuncia e outorga os premios segundo recomendación do xurado. Pero en realidade, a comisión actualmente é independente e decide soa a atribución dos premios.

Os premios concedéronse por primeira vez o día 4 de xuñoo de 1917. Desde aquela foron ininterrompidamente outorgados pola Universidade de Columbia en colaboración co Patronato do Premio Pulitzer (Pulitzer Prize Board). Desde hai anos outórganse durante o mes de abril. O premio á mellor fotografía de prensa concedeuse por primeira vez no ano 1942, e opremio á mellor composición musical no ano 1943. Entre os anos 1970 e 1979 creáronse os premios de ensaio, crítica e ficción literaria.

Só as reportaxes e fotografías de diarios (ou noticieiros diarios) con sé central nos Estados Unidos poden ser propostos coma candidatos ós premios na categoría de xornalismo.

O premio vai acompañado dun cheque de 10.000 dólares (USD), agás o Premio ó Servizo Público - o máis importante - ó que se lle outorga a medalla de ouro.

Categorías

Joseph Pulitzer

Estas son as categorías da edición do 2005:

  • Servizo Público - Por un exemplo distinguido de diario cun meritorio e destacado servizo público a través do uso dos seus recursos xornalísticos, que poden incluír editoriais, tiras cómicas, e fotografías, así comz tamén os artigos e reportaxes.
  • Reportaxe Divulgativo - Por un exemplo destacado de reportaxe ilustrativo sobre un tema complexo e significado, demostrando dominio da temática, escritura lúcida e clara presentación.
  • Editorial - Por un editorial destacado, con excelentes textos e sonoridade, estilo claro, propósitos morais, e poder de influencia na opinión pública.
  • Reportaxe de Impacto -Por un exemplo destacado de reportaxe de impacto caracterizado por un seguimento detallado e mantido sobre unha actividade ou tema concreto.
  • Artículo de Fondo - Por un exemplo distinguido de artigo de fondo dando consideración prioritaria á elevada calidade literaria e á orixinalidade.
  • Reportaxes de Noticias de Última Hora - Para un exemplo destacado de reportaje de ámbito local sobre noticias de última hora.
  • Fotografías de Noticias de Última Hora - Por un exemplo destacado de fotografías en branco e negro ou cor sobre noticias de última hora, que poden consistir nunha ou varías fotografías, unha secuencia ou un álbum.
  • Periodismo Nacional - Por un exemplo destacado de reportaxe sobre asuntos internos dos Estados Unidos.
  • Xornalismo Internacional - Por un exemplo distinguido de reportaxe sobre asuntos internacionais, incluíndo a correspondencia coa Organización das Naciones Unidas (ONU).
  • Periodismo de Investigación - Por un exemplo destacado de reportaxe de investigación individual ou dun equipo de traballo, presentado coma un artigo illado ou coma unha serie de artigs.
  • Fotografía de Reportaxe - Por un exemplo distinguido de fotografía en branco e negro ou cor, que pode consistir nunha fotografía ou fotografías, unha secuencia ou un álbum sobre unha temática de fondo.
  • Crónica - Por unha crónica destacada.
  • Crítica - Por unha crítica destacada.
  • Caricatura Editorial - Por unha distinguida caricatura ou tira cómica ou recopilatorio de tiras publicadas durante o ano, caracterizadas pola orixinalidade, eficacia editorial, calidade dos debuxos, e efectos pictóricos.

Existen tamén cinco categorías para as letras:

En humanística hai dous categorías máis que se engadiron recentemente:

Tamén houbo moitos Premios Pulitzer especiais. Ademais dos premios, catro destacados estudantes da Pulitzer Graduate School of Journalism, seleccionados polo profesorado, son premiados con bolsas de viaxe.

Os novos tempos

A xunta que entrega todos os anos o Premio Pulitzer como distinción xornalística —en vista de que os diarios usan cada vez máis internet para divulgar, apoiar e destacar o seu traballo— outorgou a partir do 2006 un premio ós traballos publicados na internet.

A categoría de Servizo Público, considerada a de maior prestixio, xa aceptou material de internet desde 1999. Esta categoría continuará aceptando varios tipos de traballo por internet, coa inclusión de video, bases de datos e cronoloxías. A novidade radica en que as outras 13 categorías de xornalismo permitiron contido da rede por primeira vez. Os Premios Pulitzer de 2006 foron anunciados o 17 de abril.

Premios que xa non se outorgan

Ó longo dos anos, algúns premios deixáronse de outorgar, ben porque se expandiron ou renomearon, ou ben porque quedaron obsoletos polos adiantos tecnolóxicos. Eran os premios de:

Lista de premiados

Novela

Poesía

Teatro

Música

Cómic

O Pulitzer e a cultura popular

Ligazóns externas