Itálica (cidade): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Italika
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 5: Liña 5:


== Historia ==
== Historia ==
Fundada no ano 206 a.c. polo Xeral [[Publio Cornelio Escipión]] co obxecto de asentar nela aos soldados feridos que participaran na '''batalla de Ilipa'''(contra os cartaxineses) e servir de posto militar avanzado nun lugar de alto valor estratéxico. Nela naceu '''Marco Ulpio''' [[Traxano]] (53 - 117 d.c.), primeiro emperador oriundo dunha provincia romana, e probablemente tamén o seu sucesor '''Publio Elio''' [[Hadriano]] (76 - 138 d.c.). Éste foi educado en Itálica, a cal honrou coa construción dun novo barrio (''nova urbs''), que se distingue da ''vetus urbs'', núcleo fundado por Escipión. Na actualidade esta última atópase baixo o centro urbano de Santiponce. A ''nova urbs'' de Hadriano foi obxecto de numerosas excavacións arqueolóxicas, dende a primeira delas levada a cabo por [[Francisco de Bruna]] entre 1781 e 1788.
Fundada no ano 206 a.c. polo Xeral [[Publio Cornelio Escipión]] co obxecto de asentar nela aos soldados feridos que participaran na '''batalla de Ilipa'''(contra os cartaxineses) e servir de posto militar avanzado nun lugar de alto valor estratéxico. Nela naceu '''Marco Ulpio''' [[Traxano]] (53 - 117 d.c.), primeiro emperador oriundo dunha provincia romana, e probablemente tamén o seu sucesor '''Publio Elio''' [[Hadriano]] (76 - 138 d.c.). Este foi educado en Itálica, a cal honrou coa construción dun novo barrio (''nova urbs''), que se distingue da ''vetus urbs'', núcleo fundado por Escipión. Na actualidade esta última atópase baixo o centro urbano de Santiponce. A ''nova urbs'' de Hadriano foi obxecto de numerosas escavacións arqueolóxicas, dende a primeira delas levada a cabo por [[Francisco de Bruna]] entre 1781 e 1788.


No '''Cerro de la Cabeza''', a uns 500 metros o norte do anfiteatro documentouse nos anos oitenta a existencia dun xacemento prerromano cunha longa secuencia de ocupación abarcando dende o bronce final (sec. VIII a.c.) ata a época turdetana (sec. IV a.c.).
No '''Cerro de la Cabeza''', a uns 500 metros o norte do anfiteatro documentouse nos anos oitenta a existencia dun xacemento prerromano cunha longa secuencia de ocupación abarcando dende o bronce final (sec. VIII a.c.) ata a época turdetana (sec. IV a.c.).
Liña 11: Liña 11:
A cidade de '''Itálica''' era un importante centro político e relixioso, e obtivo maior importancia durante a época imperial que durante a republicana.
A cidade de '''Itálica''' era un importante centro político e relixioso, e obtivo maior importancia durante a época imperial que durante a republicana.


'''Itálica''' tiña unha privilexiada localización: surcaba a cidade a [[Vía da Prata]] e o Guadalquivir (era un dos portos fluviais máis importantes da [[Hispania]] romana) tiña a súa ribeira moi preto da cidade.
'''Itálica''' tiña unha privilexiada localización: sucaba a cidade a [[Vía da Prata]] e o Guadalquivir (era un dos portos fluviais máis importantes da [[Hispania]] romana) tiña a súa ribeira moi preto da cidade.


Os monumentos máis importantes de '''Itálica''' son:
Os monumentos máis importantes de '''Itálica''' son:
Liña 19: Liña 19:
* O ''[[anfiteatro]]'' era un dos maiores do [[Imperio Romano]], pois nel collían ata 25.000 espectadores. Era, ademais, un anfiteatro moi sofisticado en canto a infraestrutura e técnica.
* O ''[[anfiteatro]]'' era un dos maiores do [[Imperio Romano]], pois nel collían ata 25.000 espectadores. Era, ademais, un anfiteatro moi sofisticado en canto a infraestrutura e técnica.


* As ''[[termas]]'', coñecidas coma ''os baños da Reina Mora'', foron creadas durante a época de '''Hadriano'''. Ocupaban catro ''insulae'' (manzanas) da cidade, sendo así unha das maiores ''termas'' da Hispania romana.
* As ''[[termas]]'', coñecidas coma ''os baños da Reina Mora'', foron creadas durante a época de '''Hadriano'''. Ocupaban catro ''insulae'' (mazás) da cidade, sendo así unha das maiores ''termas'' da Hispania romana.


* O ''Traianeum'', recinto cultual no centro da cidade dedicado ó emperador Traxano, naquel entón divinizado. Contaba gran templo de mármol branco e rodeado por unha praza porticada con exédras.
* O ''Traianeum'', recinto cultual no centro da cidade dedicado ó emperador Traxano, naquel entón divinizado. Contaba gran templo de mármore branco e rodeado por unha praza porticada con exédras.


Na actualidade configura un '''Conxunto Arqueolóxico visitable''' que impresiona pese a ser despoxado de gran parte dos seus tesouros conservados no [[Museo Arqueolóxico de Sevilla]] e en distintos puntos da cidade sevillana, destacando os seus fermosos e completísimos mosaicos.
Na actualidade configura un '''Conxunto Arqueolóxico visitable''' que impresiona pese a ser despoxado de gran parte dos seus tesouros conservados no [[Museo Arqueolóxico de Sevilla]] e en distintos puntos da cidade sevillana, destacando os seus fermosos e completísimos mosaicos.

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2010 ás 17:37

O Anfiteatro

Colonia Aelia Augusta Italicensium. Atópase na actual localidade de Santiponce, na provincia de Sevilla.

Historia

Fundada no ano 206 a.c. polo Xeral Publio Cornelio Escipión co obxecto de asentar nela aos soldados feridos que participaran na batalla de Ilipa(contra os cartaxineses) e servir de posto militar avanzado nun lugar de alto valor estratéxico. Nela naceu Marco Ulpio Traxano (53 - 117 d.c.), primeiro emperador oriundo dunha provincia romana, e probablemente tamén o seu sucesor Publio Elio Hadriano (76 - 138 d.c.). Este foi educado en Itálica, a cal honrou coa construción dun novo barrio (nova urbs), que se distingue da vetus urbs, núcleo fundado por Escipión. Na actualidade esta última atópase baixo o centro urbano de Santiponce. A nova urbs de Hadriano foi obxecto de numerosas escavacións arqueolóxicas, dende a primeira delas levada a cabo por Francisco de Bruna entre 1781 e 1788.

No Cerro de la Cabeza, a uns 500 metros o norte do anfiteatro documentouse nos anos oitenta a existencia dun xacemento prerromano cunha longa secuencia de ocupación abarcando dende o bronce final (sec. VIII a.c.) ata a época turdetana (sec. IV a.c.).

A cidade de Itálica era un importante centro político e relixioso, e obtivo maior importancia durante a época imperial que durante a republicana.

Itálica tiña unha privilexiada localización: sucaba a cidade a Vía da Prata e o Guadalquivir (era un dos portos fluviais máis importantes da Hispania romana) tiña a súa ribeira moi preto da cidade.

Os monumentos máis importantes de Itálica son:

  • O teatro, anterior ó gran desenvolvemento da cidade, da época de Augusto. O teatro débese á familia Traiani, do seno da cal nacería Traxano. Esta familia contribuía ó traballo de monumentalización de Itálica desde antes do seu gran crecemento.
  • O anfiteatro era un dos maiores do Imperio Romano, pois nel collían ata 25.000 espectadores. Era, ademais, un anfiteatro moi sofisticado en canto a infraestrutura e técnica.
  • As termas, coñecidas coma os baños da Reina Mora, foron creadas durante a época de Hadriano. Ocupaban catro insulae (mazás) da cidade, sendo así unha das maiores termas da Hispania romana.
  • O Traianeum, recinto cultual no centro da cidade dedicado ó emperador Traxano, naquel entón divinizado. Contaba gran templo de mármore branco e rodeado por unha praza porticada con exédras.

Na actualidade configura un Conxunto Arqueolóxico visitable que impresiona pese a ser despoxado de gran parte dos seus tesouros conservados no Museo Arqueolóxico de Sevilla e en distintos puntos da cidade sevillana, destacando os seus fermosos e completísimos mosaicos.