Public Broadcasting Service: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
O finanzamento da PBS vén das estacións afiliadas (47%), a '''CPB (Corporation for Public Broadcasting)''' (Corporación para a Radiodifusión Pública, unha institución creada polo Goberno dos EUA para contribuír na financiación da radiodifusión pública) (24%), ''royalties'', dereitos de retransmisión, servizos satelitais e ingresos de inversións (14%) e venda de produtos educacionais (12%).
O finanzamento da PBS vén das estacións afiliadas (47%), a '''CPB (Corporation for Public Broadcasting)''' (Corporación para a Radiodifusión Pública, unha institución creada polo Goberno dos EUA para contribuír na financiación da radiodifusión pública) (24%), ''royalties'', dereitos de retransmisión, servizos satelitais e ingresos de inversións (14%) e venda de produtos educacionais (12%).


Esta canle é a que emite programas como ''[[Barrio Sésamo]]'', ''[[Mister Rogers' Neighbourhood]]'' (''O Vecindario do Señor Rogers)'', e os documentais da [[National Geographic Society|National Geographic]].
Esta canle é a que emite programas como ''[[Barrio Sésamo]]'', ''[[Cyberchase]]'', ''[[Mister Rogers' Neighbourhood]]'' (''O Vecindario do Señor Rogers)'', e os documentais da [[National Geographic Society|National Geographic]].


[[Categoría:Cadeas de televisión dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Cadeas de televisión dos Estados Unidos de América]]

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2010 ás 19:32

Public Broadcasting Service (PBS) (en galego Servizo Público de Radiodifusión), é a rede de televisión pública dos Estados Unidos, creada no 1969 e que comezou a súa emisión regular o 5 de outubro do 1970, substituíndo á anterior rede de televisión pública dos EUA, a National Education Television (NET) (Televisión Educativa Nacional). Pouco despois desa data, a NET, a institución predecesora da PBS, fusionouse coa WNDT-TV, a filial da PBS en Newark (Nova Jersey), para formar WNET-TV, que emite para Nova York e Nova Jersey e as súas áreas de influenza, volvéndose unha das principais televisións membros da PBS.

A PBS podería describirse dunha rede de televisións públicas que contan con licencias de emisión de televisión educativa non comercial polos cales non emiten publicidade (sendo financiadas por axudas voluntarias de institucións, empresas e dos propios telespectadores - Viewers Like You, "Telespectadores coma vostede") e que manteñen un compromiso de televisión de servizo público (en contraste coas outras canles de televisión nos EUA de vontade claramente comercial), e que foron maioritariamente fundados por organizacións educativas e comunitarios.

A rede PBS consta de 169 operadoras membros que posúen as ditas licencias educativas non comerciais que operan 348 emisoras de televisión. Destas 169, 86 son de organización comunitarias, 57 de universidades, 20 de autoridades estatais e 6 de autoridades locais ou municipais.

Aparte da lexislación que os regula, outra diferenza que distingue a PBS e as súas filiais das demais redes de televisión como ABC, NBC, CBS e Fox, é que as estacións filiais da PBS teñen autonomía para elixir e comprar os programas que desexan que sexan distribuídas ou pola rede PBS ou dereitamente polas emisoras individuais. Isto fai que a programación teña un alto nivel de contidos locais ou dirixidos ó seu público específico, a diferenza dos anteriormente mencionados canles comercias no que as súas filiais entregan gran parte do seu tempo no aire para a programación da rede nacional da cadea ás que están afiliadas.

A diferenza do seu homólogo radiofónico, a National Public Radio (NPR), a PBS non conta cun departamento de prensa central, unha produtora nacional, ou uns Servizos Informativos nacionais. Toda a programación de PBS, sexan noticias, documentais ou entretemento son producidas polas emisoras afiliadas ou produtoras independentes que son contratadas polas emisoras afiliadas. As principais afiliadas en termos de produción de programación son, entre outras, WNET-TV en Nova York, WGBH-TV en Boston, WETA-TV en Washington D.C., WQED-TV en Pittsburgh, e WPBT-TV en Miami.

O finanzamento da PBS vén das estacións afiliadas (47%), a CPB (Corporation for Public Broadcasting) (Corporación para a Radiodifusión Pública, unha institución creada polo Goberno dos EUA para contribuír na financiación da radiodifusión pública) (24%), royalties, dereitos de retransmisión, servizos satelitais e ingresos de inversións (14%) e venda de produtos educacionais (12%).

Esta canle é a que emite programas como Barrio Sésamo, Cyberchase, Mister Rogers' Neighbourhood (O Vecindario do Señor Rogers), e os documentais da National Geographic.