Baía de Alxeciras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ca:Badia d'Algeciras
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ca:Badia d'Algesires
Liña 20: Liña 20:
[[Categoría:Andalucía]]
[[Categoría:Andalucía]]


[[ca:Badia d'Algeciras]]
[[ca:Badia d'Algesires]]
[[en:Bay of Gibraltar]]
[[en:Bay of Gibraltar]]
[[es:Bahía de Algeciras]]
[[es:Bahía de Algeciras]]

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2010 ás 16:01

Mapa do século XVIII.

A Baía de Alxeciras é unha baía situada no sur de España, no estreito de Xibraltar, pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a Rocha de Xibraltar. Ten uns 10 km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7.500 hectáreas, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.

As súas ribeiras pertencen, de oeste a leste e en sentido horario, aos municipios de Alxeciras, Los Barrios, San Roque e La Línea de la Concepción (na provincia española de Cádiz), e ao Territorio Británico de Ultramar de Xibraltar.

Nas súas beiras atópanse dous activos portos, o de Xibraltar e o de Alxeciras (o cal, co nome de Baía de Alxeciras, ocupa a práctica totalidade da ribeira española).

Dous faros sinalizan a entrada á baía, o de Punta de Europa, en Xibraltar, ao leste, e o de Punta Carnero, na costa alxecireña, ao oeste.

Polémicas

A baía de Alxeciras é escenario continuo de protestas de grupos ecoloxistas, os cales denuncian especialmente o denominado bunkering. Esta actividade consiste no traspaso de petróleo ou derivados deste dun barco a outro no mar. Producíronse nos últimos anos accidentes de gabarras destinadas a esta actividade, especialmente con destino a Xibraltar, que se traduciron en verteduras de fuel e outros derivados.

Aproximadamente transvásanse 5 millóns de toneladas de fuel mariño cada ano. Estes transvasamentos lévanos a cabo sobre todo tres compañías con base en Xibraltar.

Tamén xurdiu polémica a presenza de barcos cazatesouros na Baía durante o ano 2007 que, segundo as autoridades españolas puideron espoliar xacementos arqueolóxicos subacuáticos de importancia.