Lied der Deutschen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 107: Liña 107:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
{{commons|Das Lied der Deutschen}}
{{commons|Das Lied der Deutschen}}
*[http://www.bundesregierung.de/static/audio/hymne/nationalhymne.mp3 Audio do himno en formato mp3]
*[http://imslp.org/wiki/Deutschlandlied_(Haydn,_Joseph) Partituras de dominio público en International Music Score Library Project]
*[http://ingeb.org/Lieder/deutschl.html Letra e música]
*[http://www.brandenburghistorica.com/page5.html Sobre o himno] {{en}}


<!-- Categorías: -->
<!-- Categorías: -->
[[Categoría:Composicións musicais do século XIX]]
[[Categoría:Composicións musicais no dominio público]] <!-- Presumiblemente. -->
[[Categoría:Himnos nacionais|Alemaña]]
[[Categoría:Himnos nacionais|Alemaña]]
[[Categoría:Símbolos de Alemaña]]
[[Categoría:Símbolos de Alemaña]]
[[Categoría:Composicións musicais do século XIX]]
[[Categoría:Composicións musicais no dominio público]] <!-- Presumiblemente. -->
[[Categoría:Composicións musicais de Joseph Haydn]]
[[Categoría:Composicións musicais de Joseph Haydn]]
[[Categoría:Composicións musicais de August Heinrich Hoffmann von Fallersleben]]
[[Categoría:Composicións musicais de August Heinrich Hoffmann von Fallersleben]]

Revisión como estaba o 24 de setembro de 2010 ás 11:31

Das Lied der Deutschen
Das Deutschlandlied
En galego: A canción dos alemáns
Himno de deAlemaña Alemaña
LetraHoffmann von Fallersleben
1841
MúsicaJoseph Haydn
1797
Adoptado1922
Mostra da música
noicon

Das Lied der Deutschen ou Das Deutschlandlied (do alemán: A canción dos alemáns ou A canción da Alemaña) é o himno nacional de Alemaña, cuxa letra foi escrita por August Heinrich Hoffmann von Fallersleben en 1841 con música de Joseph Haydn, quen a compuxera orixinalmente en 1797 como parte dun cuarteto de cordas (Kaiserquartett). A mesma partitura, pero con texto de Leopold Haschka, foi o himno do Imperio Austrohúngaro, Gott erhalte Franz den Kaiser. Posteriormente, mantívose a melodía, pero a letra mudouse.

Situación actual

Actualmente, o himno correspóndese coa terceira estrofa. Así foi desde a fundación da República Federal de Alemaña e así se oficializó en dúas ocasións: a primeira en 1952 por un intercambio de correspondencia entre o Presidente Federal Theodor Heuss e o Canciller Federal Konrad Adenauer;[1] o estatus foi confirmado en 1990 nun intercambio de correspondencia entre o Presidente Federal Richard von Weizsäcker e o Chanceler Helmut Kohl.[2]

Orixes e historia

O texto xurdiu nunhas circunstancias moi concretas, cando non existía un Estado alemán, senón que o territorio estaba divido nunha morea de cidades-estados e provincias, que paseniñamente foron asimiladas cara ao goberno central de Berlín ata converterse no Imperio Alemán en xaneiro de 1871. Logo da Primeira Guerra Mundial, este texto, escrito 30 anos antes da unificación alemá, converteuse en himno nacional. A primeira estrofa «Deutschland, Deutschland über alles», malia que orixinariamente expresaba sinxelamente unha arela de unidade nacional, quedou vencellada co imperialismo alemán e, logo, co goberno nazi e a súa política abertamente expansionista. Entre 1933 e 1945, cantábase a primeira estrofa e logo o Horst Wessel Lied, o himno do partido nazi.

Letra

A continuación amósase a letra de "Lied der Deutschen" tal como foi escrita por Hoffmann von Fallersleben. Só a terceira estrofa é actualmente o himno nacional da República Federal de Alemaña.

Deutschlandlied
Letra en alemán Tradución aproximada
Primeira estrofa

Deutschland, Deutschland über alles,
Über alles in der Welt,
Wenn es stets zu Schutz und Trutze
Brüderlich zusammenhält.
Von der Maas bis an die Memel,
Von der Etsch bis an den Belt,
 Deutschland, Deutschland über alles,
 Über alles in der Welt!

Alemaña, Alemaña sobre todo,
Sobre todo no mundo,
Se sempre por protección e defensa
esteamos xuntos coma irmáns.
Dende o río Mosa até o río Neman,
Dende o Adige até o Belt,
 Alemaña, Alemaña sobre todo,
 Sobre todo no mundo!

Segunda estrofa

Deutsche Frauen, deutsche Treue,
Deutscher Wein und deutscher Sang
Sollen in der Welt behalten
Ihren alten schönen Klang,
Und zu edler Tat begeistern
Unser ganzes Leben lang.
 Deutsche Frauen, deutsche Treue,
  Deutscher Wein und deutscher Sang!

Mulleres alemás, fidelidade alemá,
Viño alemán e música alemá
Deben manter no mundo
O seu belo antigo son,
E inspirarnos nobres actos
A nosa vida enteira.
 Mulleres alemás, fidelidade alemá
 Viño alemán e música alemá!

Terceria estrofa
(Himno nacional de Alemaña)

Einigkeit und Recht und Freiheit
Für das deutsche Vaterland!
Danach lasst uns alle streben
Brüderlich mit Herz und Hand!
Einigkeit und Recht und Freiheit
Sind des Glückes Unterpfand;
 Blüh' im Glanze dieses Glückes,
 Blühe, deutsches Vaterland.

Unidade e xustiza e liberdade
Para a patria alemá!
Por iso ímonos todos esforzar
Fraternalmente co corazón e man!
Unidade e xustiza e liberdade
Son a promesa da ledicia;
 Florece co fulgor desa ledicia,
 Florece, patria alemá.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas