Nokia: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños |
m bot Engadido: sco:Nokia |
||
Liña 124: | Liña 124: | ||
[[ro:Nokia]] |
[[ro:Nokia]] |
||
[[ru:Nokia]] |
[[ru:Nokia]] |
||
[[sco:Nokia]] |
|||
[[sh:Nokia]] |
[[sh:Nokia]] |
||
[[si:නොකියා]] |
[[si:නොකියා]] |
Revisión como estaba o 24 de setembro de 2010 ás 08:17
Modelo:Infobox Compañía Nokia é na actualidade o primeiro fabricante de teléfonos móbiles a nivel mundial, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo, (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea.
Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a internet por banda ancha, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.
Historia
A actual Nokia é o resultado da fusión de empresas centenarias procedentes de diferentes sectores da industria finlandesa.
Cronoloxía
- 1865, o enxeñeiro de minas Fredrik Idestam establece unha empresa de industria forestal para a produción de papel no sudoeste de Finlandia.
- 1898, a empresa crea a fábrica procesadora de caucho « Finnish Rubber Works Ltd » na cidade de Nokia e adopta o nome da mesma como a súa marca comercial.
- 1912, fúndase a « Finnish Cable Works » dedicada á fabricación de cables para a industria de telégrafo e a produción de teléfonos. Esta empresa foi adquirida por Nokia tralo fin da Segunda Guerra Mundial
- 1960, crease un Departamento Electrónico na fábrica de cables.
- 1963, Nokia produce un radioteléfono.
- 1965, primeiro procesador para os módems de datos.
- 1967, Nokia Corporación formase oficialmente mediante a fusión de Nokia Company (o negocio orixinal de fabricación de papel) con Finnish Rubber Works e Finnish Cable Works.
- Anos 1970, Nokia desenvolve a DX 200, unha central telefónica de conmutación dixital.
- Anos 1980, a primeira rede internacional de telefonía móbil celular, NMT, introdúcese en Escandinavia en 1981 e Nokia fabrica para esta os primeiros teléfonos de uso en automóbiles.
- 1987, Nokia adquire as operacións de produtos electrónicos e parte dos negocios de compoñentes da German Standard Elektrik Lorenz e a compañía de produtos electrónicos Oceanic de Francia. Ese mesmo ano produce o primeiro ordenador portátil.
- 1989, Nokia expande a súa industria do cable en Europa adquirindo a compañía de cable NKF dos Países Baixos.
Produtos destacados
- 5140
- 5140i
- 6630
- 6680
- 6681
- 7650
- Listado de móbiles serie "N"
- N70
- N71
- N72
- N73
- N80
- N90
- N91
- N92
- N93
- N95