Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pnb:پرانا مصر
Liña 125: Liña 125:
[[oc:Egipte antica]]
[[oc:Egipte antica]]
[[pl:Starożytny Egipt]]
[[pl:Starożytny Egipt]]
[[pnb:پرانا مصر]]
[[pt:Antigo Egito]]
[[pt:Antigo Egito]]
[[qu:Mawk'a Ihiptu]]
[[qu:Mawk'a Ihiptu]]

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2010 ás 23:23

Mapa do Antigo Exipto

O Antigo Exipto foi unha civilización agrícola asentada no Val do Nilo, entre a Primeira catarata e o Mar Mediterráneo entre o IV Milenio adC e a época romana.

Marco xeográfico

Principalmente, Exipto sitúase dende o delta no norte seguindo o val do río Nilo ata a Primeira Catarata (Asuán), na Baixa Nubia, aínda que as fronteiras variaron constantemente ao longo de trinta e tres séculos. Exipto é un oasis no medio dos desertos de Libia e Arabia. As inundacións periódicas do Nilo fecundan as terras exipcias. Distínguense en Exipto tres rexións, de sur a norte:

Historia

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

Artigo principal: Historia do Exipto Antigo

O antigo pobo exipcio estaba formado por dúas etnias principalmente: os camitas (do Val do Nilo) e os semitas (procedentes da Palestina). Exipto dividíase administrativamente en 22 nomos ou provincias no delta e outros 20 no resto do trascurso do río.

A unidade do reino é atribuída ao rei Menes, que uniu o Alto e o Baixo Exipto e fundou a cidade de Menfis. Os periodos máis destacados son:

  1. Imperio Antigo: capital en Menfis, dez primeiras dinastías.
  2. Imperio Medio: capital en Tebas, dinastías da X á XVIII.
  3. Imperio Novo: ata a dinastía XXI.
  4. Periodo Saíta: con capital en Sai, dinastías da XXI á XXVI.

Logo veñen a dominación persa, a helénica de Alexandre Magno que instala aos Ptolomeos (considerados faraóns), e a conquista romana. Déixase de falar de Antigo Exipto coa súa inclusión no Imperio Romano de Oriente.

Demografía

Os Antigos Exipcios foron o resultado dunha mestura das varias poboacións que se fixaron no Exipto ao longo dos tempos, oriundas do nordeste africano, da África Negra e da área semítica.

Representacilón do pobo hebreu no Antigo Exipto por Edward Poynter (1867).

A cuestión relativa á etnia dos antigos Exipcios é por veces xeradora de controversia, aínda que á luz dos últimos coñecementos da ciencia falar de razas humanas revélase un anacronismo. Até mediados do século XX, por influencia dunha visión eurocéntrica, considerabase os antigos Exipcios practicamente como brancos; a partir dos anos 1950 do século XX as teorías do "afro-centrismo", segundo as cales os Exipcios eran negros, afirmaronse nalgúns círculos.[1] Importa tamén referir que as representacións artísticas son frecuentemente idealizacións que non permiten retirar conclusións neste dominio.

Os Exipcios tiñam consciencia da sua alteridade: nas representacións artísticas dos túmulos os habitantes do val do Nilo aparecen con roupas de liño branco, en canto que os seus vecinhos libios e semitas con roupas de la.

A lingua dos Exipcios (hoxe unha lingua morta) é un ramo da familia das linguas afro-asiáticas (camito-semíticas). Esta lingua é coñecida grazas á descoberta e descifración da Pedra de Roseta, onde se encontra inscrito un decreto de Ptolomeu V Epifanio (205-180 a.C.) en duas linguas (exipcio e grego) e en tres escritas (caracteres xeroglíficos, escrita demótica e alfabeto grego). En 1822 o francés Jean-François Champollion descifrou a escrita xeroglífica e a demótica que se encontraban na pedra, permitindo así o acceso aos textos do Antigo Exipto e o comezo da Exiptoloxía.

O número de habitantes do Antigo Exipto oscilou segundo as épocas. Durante o período pre-dinástico (4500-3000 a.C.) a poboación rondaría os centenas de millares; durante o Imperio Antigo (século XVII a XII a.C.) situaríase nos dous millóns, atinxindo os catro millóns por altura do Imperio Novo. Cando o Exipto se tornou unha provincia romana a poboación debeu ser cerca de sete millóns. Esta poboación habitaba nas terras agrícolas situadas nas marxes do Nilo, sendo escasas as poboacións que vivían no deserto. Ao contrario das civilizacións da Mesopotamia, o Antigo Exipto non desenvolveu unha importante rede urbana.

Notas

  1. The Question of Race in ancient Egypt, Dygital Egypt for Universities

Véxase tamén

Outros artigos


Modelo:Link FA Modelo:Link FA