Arthur Compton: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
photo 1934 at London
Liña 1: Liña 1:
[[File:Compton,Arthur Holly 1934 London.jpg|thumb|Arthur Compton (1934)]]
'''Arthur Holly Compton''' (n. [[Wooster]], [[Ohio]], [[10 de setembro]] de [[1892]] - ? [[Berkeley]], [[California]], [[15 de marzo]] de [[1962]]) foi un [[físico]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] galardoado co [[Premio Nobel de Física]] en [[1927]].
'''Arthur Holly Compton''' (n. [[Wooster]], [[Ohio]], [[10 de setembro]] de [[1892]] - ? [[Berkeley]], [[California]], [[15 de marzo]] de [[1962]]) foi un [[físico]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] galardoado co [[Premio Nobel de Física]] en [[1927]].



Revisión como estaba o 22 de setembro de 2010 ás 17:48

Ficheiro:Compton,Arthur Holly 1934 London.jpg
Arthur Compton (1934)

Arthur Holly Compton (n. Wooster, Ohio, 10 de setembro de 1892 - ? Berkeley, California, 15 de marzo de 1962) foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1927.

Biografía

Conferencia Solvay de 1927. Podemos observar a Arhtur Holly Compton o cuarto da segunda fila comezando pola dereita, sentado xusto detrás de Albert Einstein

Compton naceu en Wooster (Ohio) e estudou no Wooster College e na Universidade de Princeton. En 1923 foi profesor de física na Universidade de Chicago. Durante a súa estancia nesta universidade, Compton dirixiu o laboratorio no que se produciu a primeira reacción nuclear en cadea, o que provocou que tivese un papel relevante no Proxecto Manhattan, a investigación que desenvolveu a primeira bomba atómica.

Desde 1945 ata 1953 Compton foi reitor da Universidade de Washington e logo de 1954 foi catedrático de Filosofía Natural.

Investigacións científicas

Os seus estudos dos raios X leváronlle a descubrir en 1922 o denominado efecto Compton. O efecto Compton é o cambio de lonxitude de onda da radiación electromagnética de alta enerxía ao ser difundida polos electróns. O descubrimento deste efecto confirmou que a radiación electromagnética ten propiedades tanto de onda como de partículas, un principio central da teoría cuántica.

Polo seu descubrimento do efecto Compton e pola súa investigación dos raios cósmicos e da reflexión, a polarización e os espectros dos raios X compartiu o Premio Nobel de Física de 1927 co físico británico Charles Wilson.

Recoñecementos

Na súa honra, así como no do seu irmán Karl Taylor Compton, bautizouse ao cráter "Compton" da Lúa así como o asteroide "(52337) Compton", descuberto o 2 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Ligazóns externas


Modelo:Premios Nobel de Física