Vimara Pérez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ka:ვიმარა პერეში; cambios estética
Liña 15: Liña 15:
|-
|-
{{s-bef|before=Novo Título}}
{{s-bef|before=Novo Título}}
{{s-ttl|title=[[Condado Portucalense|Conde de Portucale]]|years=868 – 873}}
{{s-ttl|title=[[Condado Portucalense|Conde de Portucale]]|years=868 873}}
{{s-aft|after=[[Lucidio Vimaranis]]}}
{{s-aft|after=[[Lucidio Vimaranis]]}}
{{end box}}
{{end box}}


{{DEFAULTSORT:Pérez}}
{{DEFAULTSORT:Pérez}}

[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]
[[Categoría:Historia de Portugal]]
[[Categoría:Historia de Portugal]]
Liña 31: Liña 32:
[[hu:Vímara portugál gróf]]
[[hu:Vímara portugál gróf]]
[[is:Vímara Peres]]
[[is:Vímara Peres]]
[[ka:ვიმარა პერეში]]
[[lt:Vimara Perešas]]
[[lt:Vimara Perešas]]
[[pl:Vimara Peres]]
[[pl:Vimara Peres]]

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2010 ás 21:14

Estatua de Vimara Pérez na ciudade de Porto creada por Salvador Barata Feyo en 1968

Vimara Pérez, Vimara Peres ou Guímara Perez († A Coruña, 873) foi un nobre galego do século IX. Con importantes posesións no interior da Galicia actual, dirixe o gran salto repoboador ata a liña do Douro. Fundou o xermolo dun estado feudal ao redor da cidade de Porto que reconquistou ou repoboou, segundo as distintas concepcións do avance cristián cara o sur. Atribúeselle tamén a fundación da cidade de Guimarães (de Vimaranis).

Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio no Baixo Miño e no Bierzo, pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte vaise esvaindo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear. Amparándose nunha teórica autorización do rei Afonso III o Magno, fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala no ano 868.

Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o reparto de terras, restaurou as institucións da Igrexa e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe. Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego Hermenexildo Guterrez. Estes nobres seguiron vencellados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na terra de Amaía, e amplas zonas lucenses. Os monarcas do Reino de Galicia e de León cada vez serán máis dependentes deles.

Unha maxestosa estatua érguese diante da actual catedral da cidade que fundou.


Vimara Pérez
Nacemento: ca 820 Falecemento: 873


Aristocracia galega
Precedido por
Novo Título


Conde de Portucale
868 – 873
Sucedido  por
Lucidio Vimaranis