Pío VII, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: nl:Pius VII
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: nl:Paus Pius VII
Liña 63: Liña 63:
[[mk:Папа Пиј VII]]
[[mk:Папа Пиј VII]]
[[mr:पोप पायस सातवा]]
[[mr:पोप पायस सातवा]]
[[nl:Pius VII]]
[[nl:Paus Pius VII]]
[[no:Pius VII]]
[[no:Pius VII]]
[[pam:Papa Piu VII]]
[[pam:Papa Piu VII]]

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2010 ás 14:07

Modelo:PapSs-XVIII-XIX Pío VII, nado en Cesena o 14 de agosto de 1742 e finado en Roma o 20 de agosto de 1823, foi Papa da Igrexa Católica entre 1800 e 1823.

Traxectoria

Pío VII

O seu nome de nacemento era Barnaba Chiaramonti, ó que engadiu o de Gregorio cando profesou como monxe. Era fillo do conde Scipione Chiaramonti e da súa esposa, a condesa Giovanna Coronata Ghini, filla do marqués Barnaba Eufrasio Ghini.

En 1756 ingresou no mosteiro de Santa Maria del Monte, pertencente á congregación de Montecassino da Orde Beneditina. En 1773 foi nomeado confesor do papa Pío VI e abade do mosteiro romano de San Paulo Extramuros.

En 1782 foi consagrado bispo de Tívoli e en 1785 nomeado cardeal do título de San Callisto. En febreiro de 1785 foi trasladado á diocese de Imola. Conservou este bispado ata 1816, compatibilizándoo co de papa e bispo de Roma.

Á morte de Pío VI en 1799, a situación de Roma non permitiu que se reunise naquela cidade o conclave que debía designar ó seu sucesor. Congregáronse os cardeais en Venecia. O cardeal Frantisek de Paola Hrzán z Harras, do título de San Girolamo degli Schiavoni e camarlengo, presentou o veto do emperador Francisco II contra Carlo Bellisomi, cardeal do título de Santa Maria della Pace e arcebispo-bispo de Cesena, e contra Hyacinthe Sigismond Gerdil, cardeal do título de Santa Cecilia e prefecto da Congregación de Propaganda Fide, pero iso non parece que afectara á formación dunha maioría. Chiaramonti foi elixido o 14 de marzo de 1800, e unha semana despois e na mesma Venecia foi coroado polo cardeal Antonio Maria Doria Pamphilij, protodiácono de Santa Maria ad Martyres.

Pío VII

Uns meses antes de que resultar elixido, en novembro de 1799, Napoleón Bonaparte fixérase coa maxistratura de primeiro cónsul de Francia tras derrocar ó directorio mediante un golpe de estado. As futuras relacións entre os Estados Pontificios e Francia quedaban desde entón en mans destes dous homes.

O novo papa non albergaba unha preconcibida indisposición cara a Napoleón, nin se mostraba belixerante contra a orde política que o réxime francés pretendía instaurar nos países da súa órbita. Cando era só bispo de Imola e o exército francés penetrou nos estados do norte de Italia e Napoleón creou con eles a República Cisalpina, Chiaramonti aconsellou non resistir ó poderoso invasor e predicou o sometemento ós recentes señores. A súa famosa homilía do día de Nadal de 1797 é clara neste sentido: o futuro papa fai nela profesión de fe nos enunciados democráticos do novo goberno e mantén que unha constitución desta tendencia política non está en contradición cos principios da igrexa cristiá. Tampouco Napoleón seguiu as tendencias anticlericais das primeiras fases da revolución. No seu pragmatismo político tivo ben presente que as crenzas relixiosas estaban moi enraizadas no pobo francés e que era proveitoso para os seus designios manter unha amistosa relación cos poderes eclesiásticos, en especial co papa de Roma.

Pío VII en 1819, con 77 anos. O seu pontificado foi de moito sufrimento. Está considerado un pontífice santo. O seu amor por María Santísima Auxiliadora e pola Santa Eucaristía fixérono ser forte nas adversidades e no desterro

Cabía, pois, esperar un entendemento entre ámbalas dúas xerarquías. Produciuse, en efecto, e quedou plasmado no Concordato que Francia e a Santa Sé firmaron en 1801. O papa regresara a Roma e volvera a ocupar o seu trono nela. De alí partiu en 1804 cara a París para oficiar a coroación como emperador de Napoleón I; o pontífice limitouse a unxilo, pois foi o propio Napoleón quen se coroou a si mesmo, seguramente recordando e non querendo que se repetisen as circunstancias en que foi investido emperador Carlomagno mil anos antes. As aspiracións do novo emperador eran demasiado ambiciosas como para supeditalas a unha boa harmonía co príncipe da igrexa, polo que a aparente avinza entre eles feneceu tan pronto como a ríxida postura papal supuxo un estorbo na estratexia imperial de Bonaparte. Foi, dun lado, a negativa de Pío VII en 1806 a sumarse ó bloqueo contra Inglaterra que Napoleón quería impor ás nacións continentais e, doutro, a resistencia do papa ante a permanente tentativa do emperador de controlar a igrexa francesa, o que provocou a violenta reacción deste. En 1809 apoderouse dos Estados Pontificios, que incorporou co imperio francés e retivo a Pío VII como prisioneiro en Savona. Máis tarde levouno deportado a Francia, onde quedou reducido a cativerio en Fontainebleau.

En marzo de 1814, tras unha serie de fracasos militares colleitados polas armas imperiais, e pouco antes de que Napoleón se vise obrigado a abdicar, o papa foi posto en liberdade. Puido regresar a Roma e facerse cargo do goberno dos territorios de pertenza eclesiástica. O Congreso de Viena de 1815, do que xurdiu a reordenación da Europa postnapoleónica, ratificou a existencia dos estados pontificios baixo xurisdición dos papas, se ben se viron lixeiramente minguados nunha pequena franxa de terreo que permaneceu en poder de Austria. Aínda ó propio Pío VII, que dera mostras de comprensión das fórmulas democráticas de goberno, pareceulle que a súa aplicación a terceiros países podía constituír un réxime aceptable, pero que no caso dos estados da igrexa era ir demasiado lonxe. Derrogou a maior parte das disposicións lexislativas aprobadas durante o período de ocupación francesa, se ben, como trazo de modernidade e porque os tempos que corrían así o demandaban, mantivo na constitución coa que dotou ós seus estados a supresión dos dereitos feudais da nobreza.

Faleceu en Roma o 20 de agosto de 1823 e foi sepultado na basílica vaticana (sculptor Thorwaldsen).

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Aquila rapax (A aguia rapaz), cita que ó parecer fai referencia a que foi contemporáneo de Napoleón Bonaparte, un emperador expansionista que tiña como símbolo unha aguia e que o someteu a fortes presións.


Predecesor:
Pío VI
Papa
1800 - 1823
Sucesor:
León XII

Véxase tamén