Gonçalo Byrne: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: troco categoría vermella por azul
Sen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
*[http://www.artknowledgenews.com/Centre_for_Fine_Arts_Brussels_Byrne_And_Mateus.html Exposición en Bruxelas]
*[http://www.artknowledgenews.com/Centre_for_Fine_Arts_Brussels_Byrne_And_Mateus.html Exposición en Bruxelas]


[[Categoría:Personalidades da arquitectura|Byrne]]
[[Categoría:Arquitectos portugueses do século XX|Byrne]]


[[en:Gonçalo Byrne]]
[[en:Gonçalo Byrne]]

Revisión como estaba o 17 de setembro de 2010 ás 19:27

Teatro das Figuras (Faro, Portugal), de Gonçalo Byrne (2005)

Gonçalo Byrne, nado en Alcobaça en 1941, é un arquitecto portugués.

Gonçalo Sousa Byrne diplomouse en Arquitectura na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa en 1968. Foi profesor convidado en Italia, Austria, España, Suíza, Estados Unidos e Portugal. Dende 1992 é Profesor Catedrático convidado no Departamento de Arquitectura da Faculdade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coimbra.

Do seu vasto currículo, constan decenas de obras, en Portugal e no estranxeiro, incluíndo renovacións e equipamentos urbanos, laboratorios e universidades.

Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 1988 e 1993, a Medalla de Ouro 2000 da Academia de Arquitectura de Francia e o Premio Valmor 2000

Autor dunha importante obra, varias veces premiada a nivel nacional e internacional. A súa produción ten mostrado particular relevo nos planos patrimonial e cultural.

Profesor catedrático, convidado en Portugal e no estranxeiro, no ano 2005 recibiu o título Honoris Causa pola Facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa, e foi condecorado polo Presidente da Républica coa Grande Ordem de Santiago da Espada.

Da súa obra, diversificada en termos de escala, de tema e de programa, destácanse como exemplo a recente intervención no Mosteiro de Alcobaça e área envolvente, o edificio da Sede do Goberno da Provincia do Brabante Flamengo en Lovaina, Bélxica, a Torre de Control de Tráfico Marítimo da APL en Lisboa, Teatro de Faro (Teatro das Figuras), no Algarve, e o Museo Nacional Machado de Castro, en Coimbra.

Na área do planeamento urbano realiza, entre outros, os Planos de Pormenor para a área envolvente ao Palacio Nacional da Ajuda, en Lisboa, para a Alta Universitaria, en Coimbra, para a Cava de Viriato, no ambito do Programa Polis, en Viseu, así como o Plano da Vila de Trancoso, no ambito do Programa das Aldeias Históricas de Portugal.

Desenvolve actualmente proxectos significativos tales como o da Pousada de Estoi, no Algarve, a Pousada de Viseu, Complexo Imobiliario Estoril-Sol, Complexo Imobiliario “Jade” en Lisboa, Novo Laboratorio Central da EPAL, en Lisboa, e diversas moradias no Resort Bom Sucesso em Óbidos.

Ligazóns externas